Na xuntanza de onte, 8 de maio, AEB deixou claro que segue sen querer ver a realidade do sector, como amosa a súa proposta.
Propoñen un convenio a catro anos, cunha suba para o conxunto deses catro anos do 11 % (un 0,50 % máis que na anterior xuntanza), cunha revisión referenciada ao IPC de como máximo o 2 %, para aplicar ao final do convenio.
A CIG volveu a reiterar na mesa que os beneficios dos bancos AEB non nos permiten aceptar ningunha proposta que non garanta recuperar o poder adquisitivo perdido e, ao mesmo tempo, asegure que na vixencia do próximo convenio non perdamos como sucedeu no anterior convenio (2019—2023). A patronal non responde ás demandas de boa parte da mesa sobre a recuperación de salarios, salarios que se perderon cando a banca comezou a recuperar a marchas forzadas os beneficios. Reclamamos o que é de xustiza!
Insistimos en que estamos negociando a suba salarial no ámbito do convenio e non imos aceptar recortes salariais para o conxunto das traballadoras e traballadores do sector, a cambio dunha aplicación parcial da cláusula de compensación e absorción. Non seremos cómplices da desregulación salarial do convenio que pretende a patronal por medio dos pactos individuais.
Fronte aos sindicatos estatais, que só apostan polo diálogo e a negociación na mesa, deixando a un lado a mobilización, desde a CIG mantemos que, se queremos avanzar en dereitos, temos que estar na mesa defendo as nosas propostas, pero tamén na mobilización.
Sen mobilización non avanzaremos e o novo convenio non será o resultado dunha negociación, senón dunha imposición. A próxima xuntanza será o día 20 de maio.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario