Asinado o convenio colectivo para os anos 2019–2023
O pasado venres, 29 de xaneiro, os sindicatos estatais CC.OO, UGT e FINE asinaron coa AEB o novo convenio colectivo para o sector de Banca.
A CIG non asinou este convenio…
Porque ratifica a conxelación salarial para os anos 2019 e 2020. Non recolle cláusula de revisión salarial, e contempla unha suba salarial para o conxunto da súa vixencia (5 anos) dun 2,50 %. Suba salarial pactada para o XXIV convenio:
* Non aplica sobre os trienios de antigüidade, o que de facto implica un recorte. Continuarán devengándose pero non se repercutirán neles, como se facía nos anteriores convenios, as subas de convenio pactadas a partir de xaneiro de 2021 (conxelaron a antigüidade).
Art. 24.7 XXIII convenio colectivo — Percepción
A inaplicación deste artigo do anterior convenio por diferenzas de interpretación entre a patronal e a representación sindical (desde a CIG xa advertimos no seu momento que o índice establecido tiña a finalidade de obstaculizar calquera percepción por este concepto), e a súa xudicialización, levaron os asinantes do anterior convenio (CC.OO, UGT e a patronal bancaria AEB) a propoñer á mesa de convenio unha saída negociada que foi aprobada nos seguintes termos:
- Para o persoal cun mínimo de antigüidade de dous anos a 1 de xaneiro de 2021, aplicarase un incremento de 0,25% sobre táboas salariais de convenio a decembro de 2018, consolidable, con efectos de 01.01.2021 (neste caso, por tratarse do anterior convenio, si aplica á antigüidade).
- O persoal cun mínimo de antigüidade de dous anos a 1 de xaneiro de 2021, recibirá, nun pago único (non consolidable), o importe equivalente a un 0,25 % dos conceptos salariais de convenio dos anos 2019 e 2020.
Porque recolle un sistema de rexistro de xornada autodeclarativo que perpetúa a fraude das prolongacións de xornada e horas extras non pagadas nin cotizadas.
Porque non limita o tempo de traballo establecendo unha desconexión dixital real, quedando nunha declaración de intencións. A nosa proposta establecía o apagado dixital dende as 18 h. até as 7:30 h, pechando o acceso a plataforma informática e non permitindo a realización de chamadas, envío de mensaxes ou correos nesa franxa.
Porque segue sen regular en convenio a participación activa da representación sindical na avaliación de riscos psicosociais no sector. A presión comercial e o incremento exponencial da carga de traballo en todas as empresas do noso ámbito, reforzan a necesidade desa regulación. A patronal quere seguir tendo as mans libres para continuar priorizando rendibilidade sobre saúde.
Porque non avanza significativamente en medidas de conciliación máis alá do que recolle a lexislación.
En definitiva, un convenio que responde as expectativas e necesidades da patronal, e que consolida o feito de que convenio a convenio, somos máis precarias.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario