2 de febreiro de 2021

Recortes na rede de oficinas…

Recortes na rede de oficinas

Non é casual que a Dirección lance unha mensaxe pública sobre a inminencia dunha fortísima reestruturación. Forma parte dunha estratexia, de lanzar mensaxes aos «mercados» para consolidar un poder cuestionado e de paso ir preparando ao cadros de persoal.

Tampouco é casual que quen asina todos os ERE’s sen despeinarse, incluso forzosos, sexan os primeiros en dicir que van a defender os postos de traballo. Logo dirán que grazas aos despedimentos defenden os postos de traballo dos que se quedan.

Temos claro que a nova (vella) Dirección do BBVA, quere dar un golpe de na mesa para consolidarse. E se ten que sacrificar milleiros de postos de traballo, pois sae e llo ofrece aos mercados.

Tamén hai que dicir que no sector financeiro non hai competencia, todo se pacta, o modelo organitivo, comercial, laboral é o mesmo. Se un banco se tira dunha ponte en baixo… van todos detrás.

A rede de oficinas, prestar servizo á clientela, é unha vantaxe fronte aos xigantes dixitais. A estreita relación clientela/persoal, xera confianza, un factor competitivo que os bancos están dispostos a sacrificar, «matando a galiña dos ovos de ouro». Na procura do beneficio a curto prazo dixitalizan forzosamente á clientela, facéndolle o traballo as xigantescas multinacionais tecnolóxicas «venden as rodas para mercar a gasolina».

Si queremos defender os postos de traballo, só hai un camiño, organizar ao persoal ao redor do proxecto de sindicalimo honesto e combativo que representa a CIG. Se os traballadores e traballadoras da banca somos capaces de opoñernos colectivamente aos despedimentos, sen dúbida gañaremos. Os postos de traballo hai que defendelos, non entregarllos en bandexa á Dirección.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 210202 [.pdf • 245 kB]



Ningún comentario: