
En representación das Seccións Sindicais abaixo asinantes, facemos chegar este documento ao Comité de Seguridade e Saúde do BBVA para solicitar o acceso urxente á opción de traballo en remoto para todo aquel persoal cuxa función poida desenvolverse nesta modalidade.
Ao mesmo tempo, solicitamos que para aqueles traballadores e traballadoras cuxa función non se poida prestar en teletraballo, se organicen quendas quincenais. Desta maneira poderase minimizar o risco de todo o cadro de persoal e poderase garantir a axeitada prestación de servizo á clientela, evitando así os peches de oficinas e/ou unidades derivados dunha acumulación de contaxios pola Covid-19.
Na presente reunión, cada Sección Sindical formulará esta petición baseada nas súas propias reflexións e argumentos, pero a nosa petición é global debido á presente escalada sen control da pandemia e dos contaxios detectados no cadro de persoal, que estimamos como moi preocupantes.
Presentado na reunión do CESS do 5 de febreiro de 2021.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario