
En representación das Seccións Sindicais abaixo asinantes, facemos chegar este documento ao Comité de Seguridade e Saúde do BBVA para solicitar o acceso urxente á opción de traballo en remoto para todo aquel persoal cuxa función poida desenvolverse nesta modalidade.
Ao mesmo tempo, solicitamos que para aqueles traballadores e traballadoras cuxa función non se poida prestar en teletraballo, se organicen quendas quincenais. Desta maneira poderase minimizar o risco de todo o cadro de persoal e poderase garantir a axeitada prestación de servizo á clientela, evitando así os peches de oficinas e/ou unidades derivados dunha acumulación de contaxios pola Covid-19.