A CIG é consciente de que a filtración á prensa do suposto impacto do ERE, forma parte da estratexia por parte do BBVA.
Queren amedrentar ao cadro de persoal, para que se vaia facendo a idea e busque unha saída individual, que por outros procesos sabemos que non existe.
O banco está restrinxindo servizos á clientela, en compaña doutros, dende a restrición do servizo de caixa (que foi recorrida pola CIG e avalada pola xustiza española), a cobrar á clientela por operar nas oficinas. Esta estratexia de dixitalización á brava, que afecta a nosa clientela, busca poder pechar centros de traballo rendíbeis e destruír milleiros de empregos coma vía para maximizar os beneficios a curto prazo. É antisocial e antilaboral.
Sen dúbida chegados até aquí, cabe preguntarse se neste banco sobra persoal, ou se sobra unha Dirección herdeira directa da anterior que puxo ao BBVA na picota. Nós témolo claro.
A CIG comeza unha campaña que incllúe un calendario de mobilizacións. A primeira o 16 de marzo. Aceptariamos ir a un proceso de mobilizacións conxuntas, pero non quedaremos na inacción, mentres o banco segue dando pasos. Se alguén non se move, ou que hai que agardar, é un «compinche» da Dirección.
Se hai despedimentos, hai conflito.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario