13 de febreiro de 2023
1 de febreiro de 2023
24 de febreiro de 2021
A filtración era previsible… É a estratexia do banco

A CIG é consciente de que a filtración á prensa do suposto impacto do ERE, forma parte da estratexia por parte do BBVA.
Queren amedrentar ao cadro de persoal, para que se vaia facendo a idea e busque unha saída individual, que por outros procesos sabemos que non existe.
4 de febreiro de 2019
9 de febreiro de 2015
Coa forza do teu voto
Coa forza do teu voto nós seremos a túa voz na defensa do posto de traballo fronte a novas fusións, regulacións e peche de oficinas. Para rematar coa práctica dos horarios abusivos. Conquistar salarios e beneficios que fagan xustiza ao que se fai. Promoción de carreira e traslados con obxectividade e transparencia. A plena igualdade real.
CIG / BBVA, a voz sindical de proximidade
Sabido é que na CIG, pola nosa condición exclusivamente galega, contamos co noso centro de decisión aquí, ao carón de todas e todos vós. Non temos liberados/as polo BBVA, nin gozamos de recursos de empresa que condicionen ou limiten o noso compromiso irrenunciable á defensa do interese das compañeiras e compañeiros que o precisen. Amparados legalmente pola nosa condición de «sindicato máis representativo», a nosa participación nas negociacións sectoriais ou de empresa, supoñen a oportunidade de trasladar a problemática directa e próxima que poida afectar a cada un/unha de vós, sen deixar de abordar os grandes retos laborais da totalidade do colectivo.
28 de xuño de 2014
Defender os dereitos da clase traballadora non é delito
Conforme se agravan as políticas de recorte e agresión contra os dereitos das clases populares, asistimos tamén á reiterada criminalización da resposta social, especialmente a de carácter sindical. É tamén crecente a represión contra todas aquelas persoas e movementos sociais que, no libre exercicio de dereitos fundamentais, se opoñen ás políticas antisociais do goberno, esixen respecto aos seus dereitos e demandan condicións de vida e de traballo dignas.
Os sindicatos CIG, CC.OO e UGT convocamos folgas para reivindicar a mellora das condicións laborais e durante estas sucedéronse denuncias contra moitas das persoas que participaron nestas accións reivindicativas. No ano 2008, durante a negociación do Convenio Provincial de Transporte de Mercadorías da provincia de Pontevedra, no 2010, nas negociacións do Convenio Galego de Instalacións Deportivas, e no 2012, no transcurso da folga xeral do 14 de novembro.











