As nosas candidaturas
Pedímosche só 2 minutos…
Non se trata de votar por «amizade» ou porque che fixeron un «favor». Pedímosche que votes pensando realmente no teu interese.
Unha persoa amiga non permite recortes no salario enas cotizacións do 15 % (agora e a futuro), nin asina unha clásula que absorva e anule cada mellora. Non baleira de contido o Rexistro de Xornada e pasemos horas «comendo», cando estamos subindo oficios fóra de hora, facendo os caixeiros ou gravando operacións.
Non asina un ERE, despois de que o persoal se deixara a pel na pandemia, producindo beneficios multimillonarios para o Banco. Un ERE co único fin de desmantelar as oficinas e crear plataformas de atención remota. O único ERE asinado sen límite de quilómetros de desprazamento. Unha infamia!
Non valida as políticas do banco asinando Diagnoses e Plans de Igualdade que ocultan a fenda salarial entre homes e mulleres.Esas «amizades», canto máis lonxe, mellor.
Despedimentos e traslados forzosos, reestruturación salvaxe recortando servizos á clientea e unha sobrecarga de traballo tal, que as baixas do persoal chegaron a números nunca vistos antes. Contra todo isto, a CIG que fixo?
A CIG saíu á rúa e protestou. Antes, durante e despois do ERE. Fixemos pegadas de carteis afeando condutas, polas que a empresa ameazaba con denunciar a nosa liberdade sindical e pedía nas oficinas que fixeran fotos para os avogados de Madrid. Grazas por non facelo!
Convocamos unha folga que a nivel galego recaeu sobre a CIG. Folga histórica que pechou todo e forzou aos sindicatos «maioritarios» a unirse á protesta masiva que mudou políticas (Plan de Perdoas) e moveu os marcos do acordado para BBVA e noutros bancos.
Loitamos polos vosos dereitos nos despachos, nas rúas, nos xulgados e onde faga falta. Con delegadas e delegados que actúan con honestidade e total compromiso, dando a cara sen medo, sen cita previa e sen ficha. Nós non traballamos por campañas. Pelexamos pola saúde promovendo protocolos de seguridade ou «pechando» oficinas inseguras. Nas mesas de negociación do convenio ou do Plan de Igualdade, sacando á luz o que outros sindicatos non queren que saibas. E recuperamos no xulgado os días de Nadal, que o Banco nos quitara. E agora son para todo o Estado.
O modelo sindical da CIG (sindicato con maior representación, afiliación e capacidade de mobilización en Galiza) é relevante aquí e en Madrid. Que llo digan ao Sector do metal ou ao xigante Inditex.
Porque nas nosas loitas quen gaña es TI e por iso, o vindeiro 15 de febreiro… VOTA POR TI, VOTA CIG!
Coa CIG somos máis fortes!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario