O pasado 25 de abril asistimos a unha nova xuntanza de negociación do convenio na que, un mes despois da última, constatamos, como xa nos temíamos, que a patronal non traería unha proposta razoable a mesa. En definitiva, que seguiría sen asumir a súa obriga de negociar.
Incrementaron un 0,50 % para os 4 anos. Cunha cláusula de revisión salarial referenciada ao IPC dun máximo do 2 % ao final da vixencia do convenio. AEB non quere que recuperemos o poder adquisitivo perdido e tampouco garantir que non sigamos perdendo no próximo convenio.
Seguen pechando os ollos ao descontento das traballadoras e traballadores e á súa firme vontade de loitar polo que é xusto.
Datas | 21 marzo | 26 abril |
---|---|---|
2024 | 3,50 % | 3,75 % |
2024 | 2,75 % | 3,00 % |
2024 | 2,00 % | 2,00 % |
2024 | 1,75 % | 1,75 % |
Advertimos que non se poden esquecer os beneficios récord dos 2 últimos anos, e que hai que telo presente en todo momento para non perder perspectiva na negociación. Tampouco se poden obviar as previsións dos analistas e dos propios bancos, que falan de beneficios maiores nos próximos anos; algo que xa se está materializando nos beneficios do 1º trimestre de 2024. Outro elemento fundamental desta negociación é a garantía de que os salarios non queden por baixo do IPC; xa se escoitan voces no propio sector (concretamente a presidenta de Banco Santander), alertando sobre a posibilidade de máis inflación estrutural como consecuencia das tensións xeopolíticas.
Con este escenario, desde a CIG manifestamos na mesa que os sindicatos non podemos permitir esta situación de bloqueo na negociación, e volvemos dirixirnos (como xa fixemos por escrito o pasado 11 de abril) ao resto de organizacións na propia mesa e en presencia da patronal, para iniciar un calendario de mobilizacións conxuntas que responda, de forma contundente, aos envites da patronal. De momento non temos resposta dos sindicatos estatais.
A patronal pide máis tempo e paciencia para poder presentar na próxima xuntanza un achegamento ás propostas da parte social. Pero non se compromete a que na vindeira reunión do 8 de maio haxa avances pola súa parte (algo que non nos sorprende). Dixémoslle que despois de varias folgas e tendo pasado un mes desde a última reunión, non é de recibo esta petición.
Seguiremos insistindo nesa unidade de acción, pero ao mesmo tempo, na CIG iremos dando pasos cara a novas mobilizacións, xa que non confiamos nun cambio de postura da patronal, agás que todas e todos nós lles fagamos cambiar o paso. E iso só vai ser posible con novas xornadas de folga no sector.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario