Na pasada nómina de setembro, a empresa abonou finalmente o cuarto de paga que fora acordado na firma do último Convenio.
Temos que sinalar como, ao persoal con soldo pechado, lle foi «compensada» esta paga de xeito que houbo quen non recibiu nin un peso extra. Cremos que é un comportamento avaro por parte da empresa que tenta de aforrar cartos de calquera xeito e especialmente a costa do seu persoal. Pero é que, por se isto fora pouco, o cálculo da paga para o colectivo provinte da antiga Arxentaria está mal feito:
Para o cálculo dos cuartos de paga, tense que tomar:
SALARIO BASE e ANTIGÜIDADE TOTAL.
No cuarto de paga abonado na nómina de setembro ao colectivo ex Arxentaria. FALTA A ANTIGÜIDADE CONSOLIDADA
O cálculo só tomou en conta o salario base e a antigüidade dende a fusión. Este erro no cálculo varía moito nos importes en función da antigüidade, do colectivo de procedencia e as categorías nas que se devengaban as pagas por antigüidade, pero en todos os casos SON PERSOAS ÁS QUE BBVA NON LLES PAGOU A TOTALIDADE DO SEU CUARTO DE PAGA.
Esta Sección Sindical, vai denunciar o feito ante a UTRH para que procedan a regularizar o erro, e seguiremos informando sobre os avances no tema.
Contade con que se trata dun dereito salarial, polo que de non facer a corrección, calquera persoa do colectivo afectado pode pór unha reclamación individual chegado o caso.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario