4 de outubro de 2007

Sábados libres (para as oficinas)

No continuo esforzo de BBVA por aforrar cartos, comeza a expansión do proxecto que xa levaran a cabo en o pasado ano, de pechar certas oficinas en sábado e facer que o persoal de turno traballe noutra oficina.

A iniciativa vai afectar seica a 400 oficinas en toda España e a 14 en . Parécenos un recoñecemento implícito da falta de rendibilidade da apertura de oficinas en e unha proba máis da obsesión pola redución no gasto a costa sempre do cadro de persoal e da clientela sen máis consideración, nin sequera polo propio sistema de traballo implementado polo banco, por iso nos preguntamos:

  • Como será a comprobación de firmas da oficina pechada?
  • Como será a consulta de documentación que queda na oficina pechada?
  • Para que oficina traballan e contratan produtos os/as desprazados/as?
  • Como van corrixir os obxectivos e as avaliacións do persoal afectado?
  • Por que personalizan á clientela e logo lles pechan a porta da súa oficina?
  • Cantos prexuízos causarán os cambios nos turnos de sábados?

Estamos certos de que estas son tan só as primeiras cuestións que se nos ocorren, pero que haberá moitas máis. Esperamos que o persoal afectado non dubide en contactar con nós para calquera consulta.
De seguido a relación das oficinas afectadas.

Oficinas do BBVA que peche o sábado (2007)




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: