Amosando publicacións coa etiqueta sábados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sábados. Amosar todas as publicacións

17 de xuño de 2026

Compensación de festivos en sábado

Presentados Conflitos Colectivos contra AEB e CECA

Como xa informamos, requirimos as patronais para que recoñezan o dereito do persoal a un día de libranza como compensación por cada festivo que cae en sábado.

Celebráronse senllos actos de conciliación no SIMA en , sen chegar a un acordo, polo que a CIG presentou os respectivos conflitos colectivos na Audiencia Nacional.

A compensación dos festivos, cando cadran en sábado, é algo que ningún dos convenios colectivos do sector financeiro contempla.

Nese senso, a CIG, como non asinantes deses convenios, ten toda a lexitimidade para reclamar a compensación ou a alzar a voz contra o modelo laboral e comercial da banca española. Un modelo laboral e comercial que foi implantado a través dos convenios e de acordos de empresa asinados sempre polos mesmos.

9 de xuño de 2010

O custe de librar os sábados

Perigo, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores están a negociar!
Como comentamos, a adaptación ás directivas comunitarias que regulan o sector financeiro, xa están deixando os sábados baleiros de contido. De feito, a AEB xa comunicou que os sábados pasarán a ser inhábiles a partir do próximo mes de outubro.

Este feito, se ben non implica o peche automático das oficinas nin moito menos, si que resta operatividade e polo tanto rendibilidade ao traballo realizado en sábado.
É salientable que a AEB non fixera ningunha comunicación ao respecto, antes de que os grandes bancos tiveran un acordo asinado para pechar os sábados.

7 de xaneiro de 2010

Adeus á xornada continua, ola á desregulación horaria

Perigo, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores están a negociar!A mais acordos, menos dereitos

Finalmente BBVA asinou o acordo para o peche dos sábados, coa colaboración de CC.OO, UGT e CC, e o fixo cando e como lle petou, xa que a única oferta que fixera a empresa, e xa hai dous anos, pasaba tamén pola renuncia á xornada continuada e a actitude de que o persoal ten que ceder beneficios nos acordos co banco.


11 de decembro de 2009

Pechar sábados ou abrir tardes?

Hoxe, dez de decembro, tivo lugar unha reunión da Mesa de Relacións Laborais, sobre a negociación de Plan de Igualdade na que, de xeito sorpresivo, cando menos para a maioría dos sindicatos alí presentes, o BBVA presentou unha proposta de acordo para o peche de oficinas en sábado.

Dado o gran interese que o persoal amosa por esta reivindicación, non podemos menos que sacar esta nota urxente coas primeiras impresións sobre o tema.

27 de decembro de 2007

Bo Nadal e mellor entrada de ano

Chegan as datas de Nadal e o remate do ano, o do 150 aniversario BBVA (por certo, e as accións que tanto se pediron?)

É momento de facer balance e reflexionar sobre o acontecido neste 2007 que non foi pouco…

20 de decembro de 2007

Pola libranza dos sábados, contra a xornada de tarde

35 horas si! Nin tardes nin sábados!

Xa é o tema máis debatido en oficinas, facendo esquecer a indignación xerada polo rescate dos premios de antigüidade e outras «conquistas sociais» acadadas coa sinatura de recente acordo de BB.SS (Que oportuno!).

A libranza de todos os do ano non debe ser moeda de cambio, xa que supón un gran aforro económico para BBVA, e máis con todo o que perdemos de Beneficios Sociais.

Guerra dos horarios no sector financeiro

O recentemente asinado colectivo das Caixas de Aforros (ratificado por CC.OO e CSICA) amplía os supostos nos que as oficinas poderán abrir todos os días polo serán, unha negociación que deberá abordarse a nivel de empresa.

Manifestación da CIG-Aforro en defensa da xornada laboral
Manifestación da CIG–Aforro en defensa da xornada laboral


4 de outubro de 2007

Sábados libres (para as oficinas)

No continuo esforzo de BBVA por aforrar cartos, comeza a expansión do proxecto que xa levaran a cabo en o pasado ano, de pechar certas oficinas en sábado e facer que o persoal de turno traballe noutra oficina.

A iniciativa vai afectar seica a 400 oficinas en toda España e a 14 en . Parécenos un recoñecemento implícito da falta de rendibilidade da apertura de oficinas en e unha proba máis da obsesión pola redución no gasto a costa sempre do cadro de persoal e da clientela sen máis consideración, nin sequera polo propio sistema de traballo implementado polo banco, por iso nos preguntamos:

  • Como será a comprobación de firmas da oficina pechada?
  • Como será a consulta de documentación que queda na oficina pechada?
  • Para que oficina traballan e contratan produtos os/as desprazados/as?
  • Como van corrixir os obxectivos e as avaliacións do persoal afectado?
  • Por que personalizan á clientela e logo lles pechan a porta da súa oficina?
  • Cantos prexuízos causarán os cambios nos turnos de sábados?