Como comentamos, a adaptación ás directivas comunitarias que regulan o sector financeiro, xa están deixando os sábados baleiros de contido. De feito, a AEB xa comunicou que os sábados pasarán a ser inhábiles a partir do próximo mes de outubro.
Este feito, se ben non implica o peche automático das oficinas nin moito menos, si que resta operatividade e polo tanto rendibilidade ao traballo realizado en sábado.
É salientable que a AEB non fixera ningunha comunicación ao respecto, antes de que os grandes bancos tiveran un acordo asinado para pechar os sábados.
No seu momento, nós insistimos en que non era boa idea asinar un acordo, por moito que, de xeito comprensible, o persoal non quixera traballar os sábados, e é que a súa falla de rendibilidade ía ser cada vez máis pesada para a empresa.
O que non entendemos é como se poden admitir acordos de tan baixa calidade, xa que parece que no resto dos bancos, o persoal está a acadar algo a cambio do gran aforro que á empresa lle supón o peche dese día.
De feito, recentemente o Banco Pastor asinou tamén un acordo para peche de sábados. Alí o persoal libraba un sábado ao mes e traballaba o resto co mesmo horario que nós.
Agora van traballar as tardes do último día do mes e as dos dous primeiros días do mes.Traballarán dúas horas e media durante 13 tardes, facendo un total de 32 horas e 30 minutos, lembrade que só libraban un sábado cada mes.
En BBVA traballaremos dúas horas e corenta e cinco minutos durante 25 tardes, o que dá un total de 68 horas e 45 minutos, e iso que nós librabamos a metade dos sábados.
Os números falan.
Se as cousas seguen así, seguiremos a ser o sindicato do “non”. É que non nos queda outra...

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario