7 de xaneiro de 2010

Adeus á xornada continua, ola á desregulación horaria

Perigo, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores están a negociar!A mais acordos, menos dereitos

Finalmente BBVA asinou o acordo para o peche dos sábados, coa colaboración de CC.OO, UGT e CC, e o fixo cando e como lle petou, xa que a única oferta que fixera a empresa, e xa hai dous anos, pasaba tamén pola renuncia á xornada continuada e a actitude de que o persoal ten que ceder beneficios nos acordos co banco.


Tamén evolucionaron, e sempre a peor, as propostas dos sindicatos asinantes que, se ben en xuño deste mesmo ano consideraban irrenunciable o mantemento da xornada continua, agora pasan por calquera acordo.

A CIG, xunto con CGT, ELA, LAB e ATEXBANK, opuxémonos á sinatura dun acordo que abre a porta a unha desregulación horaria que traerá moitos problemas co tempo, e que despide á xornada continuada que tanto custou acadar.

E é que xa vos explicamos en comunicados anteriores de onde vén a presa que teñen todos os bancos en asinar, xa que moi pronto os sábados serán totalmente inoperativos no entorno no que a integración na Plataforma Única Europea vainos situar moi axiña.

Somos conscientes de que no día a día moita xente alédase enormemente de poder disfrutar dun fin de semana de dous días durante todo o ano: iso tamén o queriamos nós e así o reivindicamos sempre. O que non pode ser é que se xustifique o prolongamento diario da xornada como normal: non é ese o horario asinado no convenio, e as horas extras realizadas ninguén as anota nin as pasa para o seu cobro.

Qué vai pasar agora? Co acordo asinado, non por nós claro está, se xustifica a presenza de calquera, calquera día da semana, pola tarde. Pode que moitos e moitas de vós non o pensarades, pero en realidade iso significa que ata que vos chegue o momento de deixar o banco, ou mentres que non se estableza un sistema fiable de control horario, non teredes posibilidade de desenvolver ningún outro tipo de actividades pola tarde, nin persoais, nin laborais, nin familiares, nin nada. E que estaredes ao pairo do xefe ou xefa que teñades en cada momento, e do seu respecto ao tempo e á saúde dos demais.

Pensade que a partires de agora vai ser máis que difícil xustificar ante á Inspección que alguén traballa máis horas que as recollidas en convenio. Tede por seguro que a empresa xa o pensou.

Dende un punto de vista sindical, este nos parece un acordo vergoñento e inaceptable, e temos que resaltar que nada nos gustaría máis que ter podido asinar nunhas condicións dignas.

Desgraciadamente, coa sinatura deste acordo, BBVA xa leva dous bos regalos de Nadal: a desregulación horaria e, segundo os nosos cálculos, case 22 millóns de euros de aforro anual. E para o persoal... non deixan nin carbón.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: