Amosando publicacións coa etiqueta Cuadros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cuadros. Amosar todas as publicacións

16 de febreiro de 2023

A CIG sigue sendo a 1ª forza en Galiza aumentando representatividade

Compañeiros e compañeiras, dámosvos as grazas unha vez máis polo apoio obtido nas Eleccións Sindicais celebradas este mércores 15 de febreiro.

Apoio que fai que volvamos ser a PRIMEIRA FORZA no BBVA en Galiza, confirmando o noso lema de que somos o sindicalismo necesario para evitar a continua perda de dereitos para o persoal do BBVA. O sindicalismo próximo a ti, combativo ao teu favor, forte e útil para todas e todos e sensíbel á problemática laboral e persoal que afrontamos a cotío no traballo bancario, gaña máis forza coa confianza e o respaldo recibido neste proceso electoral para situarse con vantaxe á cabeza da representatividade galega na entidade. Unha ferramenta sindical insubornábel ás presións e totalmente independente de pactos limitadores, para asegurar unha acción sindical eficiente na defensa dos dereitos e condicións laborais das persoas que traballamos no BBVA.

Estes son os resultados acadados:

15 de febreiro de 2023

Eleccións Sindicais BBVA 2023: Resultados

De novo, a CIG foi o sindicato mellor valorado por todos e todas vós no ámbito do BBVA en Galiza, renovando a súa maioría sindical cos seguintes resultados:

A CIG obtivo o 38,46% dos votos emitidos, o que supón 14 delegados
 
Queremos destacar que a CIG obtivo 265 votos, sendo a primeira forza sindical en Galiza no BBVA. Estes resultados van garantir a nosa presenza na mesa negociadora do convenio de banca.
 


29 de novembro de 2022

É necesario incrementar as mobilizacións!

A perda salarial chega ao 12,5 % 

Mobilización da CIG polo convenio en outubro 2020
Mobilización da CIG polo convenio en outubro 2020
Se os salarios non se actualizan conforme á suba do custe da vida, non é casual nin algo imprevisible; é debido a un Convenio Colectivo nefasto que a CIG rexeitou asinar. Xa cando a AEB propuxo recortar os salarios durante a negociación, só a CIG levou adiante un proceso de mobilizacións. Daquelas augas veñen estas lameiras.

Na reunión do 29 a AEB comezou xustificando a convocatoria ilegal do Observatorio Sectorial e apoiou a propaganda pre-electoral dos sindicatos cómplices, que se xustifican dicindo que ninguén podía prever o incremento da inflación. Os mesmos que asinaron no XXII de 2011—2014 a retirada da cláusula de revisión salarial.

Todo isto para que ao final, o resultado sexa un incremento do 3,25 % máis nas táboas do ano 2023, sen atrasos de 2021 e de 2022, e sen ter en conta a inflación de 2022. Tampouco hai compromiso de revisión futura, unha vez que pasen as eleccións sindicais, para o resto da vixencia do Convenio. Velaquí o triunfo de CC.OO e UGT, que asumen unha perda salarial que chega ao 12,5 %. 

Tamén excluíron outros tipos de cuestións que foron propostas pola CIG, como a revisión dos préstamos (terán máis vantaxe a clientela que os cadros de persoal) ou a actualización da quilometraxe e das axudas de custe.

20 de xullo de 2020

Nova reunión de Convenio sen avances

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB

Na última reunión de convenio (a vixésimo cuarta), celebrada o pasado xoves 16 de xullo, despois de que a Patronal e as distintas representacións sindicais presentaran as súas plataformas de propostas, comentadas ao longo dos pasados meses de negociación, as organizacións sindicais de carácter estatal, CC.OO, UGT e FINE (ASINANTES DO ACORDO DE REXISTRO DE ) presentaron unha proposta conxunta da que invitaron a participar o resto de representacións. Analizaremos esta proposta e faremos a nosa valoración.

13 de febreiro de 2019

Eleccións Sindicais BBVA 2019: Aumenta a representatividade da CIG para darlle máis forza a túa voz

GRAZAS ! Pola confianza recibida

O sindicalismo próximo a ti, comprometido contigo, combativo a favor teu, forte e útil para todas e todos e sensíbel á problemática laboral e persoal que afrontamos cada día no traballo bancario, gaña máis forza coa confianza e respaldo recibido neste proceso electoral para situarse con vantaxe á cabeza da representatividade galega na entidade. Unha ferramenta sindical insubornábel ás presións e totalmente independente de pactos limitadores, para asegurar unha acción sindical eficiente na defensa dos dereitos e condicións laborais das persoas que traballamos no BBVA. Grazas a todas e todos.


Evolución representatividade Eleccións Sindicais BBVA 2015–2019

Resultados Eleccións Sindicais 2015-2019
Resultados Eleccións Sindicais BBVA 2015–2019

Eleccións Sindicais BBVA 2019: Resultados

De novo, a CIG foi o sindicato mellor valorado por todos e todas vós no ámbito do BBVA en Galiza, renovando a súa maioría sindical cos seguintes resultados:

A CIG obtivo o 39% dos votos emitidos, o que supón 17 delegados
 
Queremos destacar que a CIG obtivo 290 votos, sendo a primeira forza sindical en Galiza no BBVA. Estes resultados van garantir a nosa presenza na mesa negociadora do convenio de banca.
 
Consulta na intranet do banco, os compañeiros e compañeiras elexidos


11 de febreiro de 2015

Eleccións Sindicais BBVA 2015: Resultados

De novo, a CIG foi o sindicato mellor valorado por todos e todas vós no ámbito do BBVA en Galiza, renovando a súa maioría sindical cos seguintes resultados:

A CIG obtivo o 29'9% dos votos emitidos, o que supón 15 delegados
 
Queremos destacar que a CIG obtivo 261 votos, sendo a primeira forza sindical en Galiza no BBVA. Estes resultados van garantir a nosa presenza na mesa negociadora do convenio de banca.
 
Consulta na intranet do banco, os compañeiros e compañeiras elexidos


27 de xaneiro de 2015

Unha voz sindical próxima: Luis

Luis / Ourense
A retribución variable, dependente da avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai

Luis / Ourense

O proceso de avaliación, é transparente e obxectivo?

Non, rotundamente. A catalogación, a fixación de obxectivos e a avaliación son perigosos instrumentos ao servizo do banco para forzar ao límite o nivel de dedicación do persoal con abusivos horarios, fóra do establecido legalmente. A retribución variable, dependente dunha subxectiva avaliación, non recompensa o esforzo extraordinario que se fai. Por máis que BBVA pretenda vender a racionalidade do método, é evidente a súa falla de transparencia e arbitrariedade. Esta vai camuflada baixo manipulables obxectivos de cliente, tácticos e outros do estilo de dixitalización ou cultura corporativa que deixan á comenencia da Dirección o resultado final que na práctica adaptarase ao que xa se teña decidido. De nada valerá a entrevista posterior. Aquí non hai rigor, coherencia nin xustiza.

Pode regularse por acordo social?

CIG demanda que así se faga. Mellor aínda dentro do Convenio sectorial para que o proceso goce de forza legal. Os incentivos baseados nun acordo laboral favorecen a imaxe de transparencia e responsabilidade da empresa e motivan máis eficazmente no traballo cotiá do cadro de persoal.

8 de xaneiro de 2015

Queremos máis, e querémolo agora

11F15

Van alá os catro anos de mandato da representación sindical coa nova convocatoria de eleccións fixada para o próximo 11 de febreiro. Rematou a vixencia do Convenio colectivo (31-12-2014) que, sumado á do PP, trouxo un acusado retroceso nos laborais, grave salarial, manifesto abuso nas condicións de traballo e reformas legais contrarias á clase traballadora e pensionista. Queremos continuar así?


19 de setembro de 2014

Poderoso cabaleiro é Don Diñeiro

Onte, 18 de setembro, a CIG, sindicato maioritario e máis representativo de Galiza, NON asinou o acordo de medios proposto pola empresa na mesa de relacións laborais en Madrid. Este acordo, cociñado co amparo dos sindicatos estatais e feito á medida deles cunha clara intención: repartirse o pastel sindical e deixar fóra aos sindicatos nacionalistas, históricos representantes dos pobos Galego, Vasco e Catalán, historicamente tamén máis belixerantes coa empresa e coa independencia de criterio como bandeira, primando os intereses das persoas as que representan, vós, fronte os da empresa.

Lembro a frase dun empresario… «que doado sería traballar se non existisen os sindicatos»… Seica botaba en falla os sindicatos verticais de tempo atrás. Pois semella que ese día xa chegou a BBVA. Onte CC.OO, UGT, Cadros e CGT veñen de perpetrar unha das maiores accións antisindicais da longa historia desta empresa, asinando a renuncia expresa á liberdade de actuación, á liberdade de expresión, mediante a aceptación formal da inxerencia da empresa en asuntos que non lle son da súa competencia. E non porque o digamos nós, senón porque así o estipula a Lei vixente, a Lei Orgánica de Liberdade Sindical e o Estatuto dos Traballadores, que defenden a independencia dos sindicatos como única garantía destes para poder representar e defender os intereses dos traballadores e das traballadoras.

Se o banco ten que dar a súa aprobación a quen é ou non é representante sindical… que garantía tendes vós, compañeiros e compañeiras, de que as persoas elixidas van ter posta a súa prioridade nos vosos intereses? Credes que pasarán a criba as máis críticas? NON; xa se encargarán de darlle o paso aos palmeiros, aos manipulables, aos peóns que lle sirvan os seus propósitos e lle fagan máis doada a súa folla de ruta.

marioneta/títere

Se se acepta a supervisión, o control do banco no ámbito da comunicación co cadro de persoal… á hora de pasar esta CENSURA, canto do que vos interesa vai quedar escurecido polo ánimo do censor? Canto quedará na propia autocensura de quen redacta?


27 de marzo de 2013

ERE no Santander: A porta está aberta na Banca Privada

O Santander, «o mellor banco do mundo», será o primeiro banco privado (e a primeira entidade que supostamente non tería problemas económicos) que, en base ao Convenio Colectivo da Banca, iniciará .

Desgraciadamente os medios de comunicación expoñen, día si e día tamén, o duro momento que nos toca vivir; a e os son noticias cotiáns; ás veces, coma en , ambas cuestións mestúranse.

A CIG non asinou o . Entre outros motivos, advertiamos que a suposta «cláusula de garantía de emprego» era todo o contrario: «unha cláusula de garantía de ERE» en casos de fusión. O tempo deunos a razón.

26 de agosto de 2011

A representación de CIG non quere un trato especial

O BBVA asinou o día 27 xunto con CC.OO, UGT e ACB, un acordo para regular garantías para os delegados e delegadas sindicais. Para acadar dito acordo, que di buscar a igualdade de oportunidades e a non discriminación, reuníronse os asinantes sen falar con ninguén máis, pero iso si, non lles doen prendas en dicir que o acordo vai ser aplicado a toda a representación sindical coma se puideran falar por todo o mundo.

A Lei xa defende a posición dos delegados e delegadas de persoal fronte aos abusos, inxustizas e presións que a empresa quixera exercer sobre nós, e se é preciso facer valer os dereitos, así o faremos, pero non imos asinar ningún trato especial fronte ao resto de traballadores e traballadoras. Faltaría máis.

18 de agosto de 2011

Non asinamos na lista do teletraballo

Un dos riscos do teletraballo pode ser a soedadeA soedade do teletraballo. Foto: (cc) Josh Liba  
O pasado día 27, CC.OO, UGT e ACB asinaron o acordo colectivo de teletraballo [.pdf • 30 Kb] que vai servir de saída para que a empresa solucione o problema de espazo que lle vai xurdir en 12 ou 18 meses cando queira trasladar a xente que traballa en Azca á nova ubicación de «Las Tablas».

Solucionado ese problema, BBVA poderá seguir aforrando cartos mandando a parte do persoal a traballar dende casa ou non, pero o marco colectivo xa o teñen, grazas a quen o asinou.

En principio, en Galiza non deberamos ter unha grande incidencia desta modalidade laboral, dende o momento en que non afectará a postos de rede comercial pola súa natureza, e só podería implantarse en postos de apoio, servizos centrais, ...

En calquera caso, unha vez máis nos toca facer un acto de responsabilidade e ser o sindicato do non na defensa dos nosos/vosos dereitos, polos seguintes motivos:

22 de decembro de 2010

Elección Sindicais BBVA 2010: Resultados

De novo, a CIG foi o sindicato mellor valorado por todos e todas vós no ámbito do BBVA en Galiza, renovando a súa maioría sindical cos seguintes resultados:

A CIG obtivo o 36'9% dos votos emitidos, o que supón 18 delegados
 
Queremos destacar que a CIG obtivo 324 votos, sendo a primeira forza sindical en Galiza no BBVA. Estes resultados van garantir a nosa presenza na mesa negociadora do convenio de banca.
 
Consulta na intranet do banco, os compañeiros e compañeiras elexidos

7 de xaneiro de 2010

Adeus á xornada continua, ola á desregulación horaria

Perigo, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores están a negociar!A mais acordos, menos dereitos

Finalmente BBVA asinou o acordo para o peche dos sábados, coa colaboración de CC.OO, UGT e CC, e o fixo cando e como lle petou, xa que a única oferta que fixera a empresa, e xa hai dous anos, pasaba tamén pola renuncia á xornada continuada e a actitude de que o persoal ten que ceder beneficios nos acordos co banco.