A perda salarial chega ao 12,5 %
Se os salarios non se actualizan conforme á suba do custe da vida, non é casual nin algo imprevisible; é debido a un Convenio Colectivo nefasto que a CIG rexeitou asinar. Xa cando a AEB propuxo recortar os salarios durante a negociación, só a CIG levou adiante un proceso de mobilizacións. Daquelas augas veñen estas lameiras.
Na reunión do 29 a AEB comezou xustificando a convocatoria ilegal do Observatorio Sectorial e apoiou a propaganda pre-electoral dos sindicatos cómplices, que se xustifican dicindo que ninguén podía prever o incremento da inflación. Os mesmos que asinaron no XXII convenio de 2011—2014 a retirada da cláusula de revisión salarial.
Todo isto para que ao final, o resultado sexa un incremento do 3,25 % máis nas táboas do ano 2023, sen atrasos de 2021 e de 2022, e sen ter en conta a inflación de 2022. Tampouco hai compromiso de revisión futura, unha vez que pasen as eleccións sindicais, para o resto da vixencia do Convenio. Velaquí o triunfo de CC.OO e UGT, que asumen unha perda salarial que chega ao 12,5 %.
Tamén excluíron outros tipos de cuestións que foron propostas pola CIG, como a revisión dos préstamos (terán máis vantaxe a clientela que os cadros de persoal) ou a actualización da quilometraxe e das axudas de custe.
Non somos cómplices nin responsables da desfeita que supuxo o convenio e non aceptamos esmolas. Defendemos a inclusión dunha cláusula de revisión salarial durante a vixencia do Convenio Colectivo que, como todo o mundo sabe, é a única garantía, e que está sendo a discusión central en todas as negociacións de convenio. Nós pensamos que tamén debe ser no de banca. E hai que manter o pulso mobilizador, como fixeron os compañeiros e compañeiras noutros sectores que conseguiron subas salariais dignas.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario