Revisión salarial Convenio
Ao longo dos últimos días varios bancos comunicaron ao persoal subas retributivas unilaterais de distinto tipo.
Algunhas, coma as aportacións aos Plans de Pensións de Emprego, ou da quilometraxe e as axudas de custe (que o BBVA miserablemente aínda non actualizou), foran propostas pola CIG na Mesa do Convenio.
Malia que seguen sendo absolutamente insuficientes, demostran que había marxe para a negociación e que o pacto aceptado por CC.OO e UGT no Convenio Colectivo supón unha nova renuncia inexplicable.
Non é que negociasen mal no Convenio, é que agora volverono facer tirando ao lixo unha oportunidade para rectificar. Non son incompetentes, que xa sería grave, é peor, están entregados totalmente á patronal.
Para rematar, Credit Suisse acaba de sacar un informe que cuantifica que a suba extraordinaria suporá un 2 % dos beneficios dos bancos.
Hai marxe para actualizar os salarios e por iso a CIG mantén as mobilizacións.
A loita é o único camiño!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario