Coa eliminación da cláusula de revisión salarial e unha suba total nos últimos catro anos do 1,25 % do Convenio AEB–CC.OO–UGT–FINE, o escenario de aumento da inflación tradúcese nunha perda brutal de poder adquisitivo. Esta situación non mellorará, os efectos da Guerra Imperialista da Ucraína sitúannos nun escenario económico complexo e de incerteza.
A Comisión Europea, responsábel do incremento brutal do custo da enerxía eléctrica que viña tirando á alza do IPC, pide agora un novo esforzo á cidadanía para reducir o consumo enerxético. Nada pide ás empresas, pero neste escenario excepcional pensamos que o BBVA ten que poñer en marcha medidas que permitan aliviar o duro impacto que a crise ten e terá nas nosas economías familiares. E se a UE pide á cidadanía reducir o consumo enerxético, o BBVA ten que facilitar que sexa posíbel no ámbito laboral.
Propostas da CIG:- Reducir ao máximo todo tipo de desprazamentos.
- Revisar os destinos do persoal, evitando desprazamentos diarios cruzados. Tentando que calquera desprazamento os realicen persoas co domicilio máis preto do posto a cubrir.
- Restrinxir o uso e abuso da mobilidade xeográfica, por parte dos Zonas…
- Ir a unha xornada continuada, que permita que as persoas que traballan fóra da casa non teñan que asumir o custo de xantar fóra a diario, ou desprazándose para xantar.
- Excepcionalmente hai que impulsar o teletraballo (xornadas de tarde) e as reunións on-line. A pandemia demostrou que si se pode, é unha cuestión de vontade.
- Actualizar os complementos a nivel empresa e a quilometraxe, para compensar a gran perda de poder adquisitivo do convenio.
O esforzo que pide a CE (Comisión Europea), se hai que facelo, debería ser de todos e todas, do cadro do persoal pero tamén dos/das accionistas.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario