O ano 2022 comeza cunha perda salarial do 5 % en xaneiro. O IPC foi do 6 % e a suba salarial do 1 % sen cláusula de revisión. A esa perda hai que engadir a conxelación dos trienios por antigüidade.
A perda salarial de 2021 foi histórica, pero a suba dos combustibles derivados do petróleo (25 % no último ano) fixo que no 2022 tamén comecemos perdendo poder adquisitivo.
Durante a negociación do convenio a CIG defendeu que a suba dos salarios se garantise coa cláusula de revisión salarial. Outros sindicatos non o consideraron importante.
A CIG tamén defendeu que calquera recorte ou descolgue do Convenio non estaría xustificado en empresas con beneficios e que reparten dividendos. Outros sindicatos tampouco consideraron a nosa proposta.
Finalmente a súa mala negociación e entreguismo levaron a unha perda acumulada que nunca recuperaremos cos seus Convenios.
Ante a perda brutal de poder adquisitivo, reclamamos da Dirección do BBVA, que o mesmo que sube os obxectivos, se sente a negociar unha actualización dos complementos existentes a nivel de empresa para minimizar o impacto da perda do Convenio. Se o banco vai ben, a nós non nos pode seguir indo cada día peor. Proposta que, con seguridade, tampouco apoiarán os sindicatos que non apoiaron as sensatas propostas da CIG durante a negociación do Convenio.
O Convenio Colectivo Estatal de Banca, asinado por AEB, CC.OO, UGT e FINE, é a nosa ruína.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario