31 de xaneiro de 2022

O Goberno é cómplice da marxinación financeira da poboación por un proceso de dixitalización excluínte

Ante o debate público xerado pola comprensible protesta dunha parte da clientela dos bancos, afectada pola privatización, reestruturación e restricións horarias, dende a CIG, sindicato que ten dado numerosos pasos para garantir a atención á clientela e o emprego no sector (máis de 100.000 empregos perdidos dende a reestruturación) queremos trasladar a nosa posición.

En primeiro lugar, a privatización das Caixas de Aforros, que naceron para garantir a inclusión financeira, está na base da situación actual. Socializáronse as perdas e privatizáronse os beneficios, poñendo o sistema financeiro en mans de investidores e especuladores que só buscan rendibilidade a curto prazo. Nese senso as políticas nefastas de PSOE e PP, son a causa do problema actual. Daquelas augas, estas lameiras.

En segundo lugar, o proceso de concentración bancaria, instado dende as institucións públicas europeas, españolas e a , levou a unha restrición da oferta para beneficio dos fondos e investidores voitres que actualmente son os máximos accionistas dos bancos.

As inxeccións de liquidez realizadas polo ao sistema financeiro fai que para as entidades sexa máis barato captar diñeiro nas poxas do BCE, que manter o servizo as persoas que son pequenas aforradoras. A política do BCE provoca a exclusión e desincentiva o aforro; así mesmo, facilita as políticas dos bancos para que a clientela asuma produtos complexos polos que paga comisións. As restricións de servizos e o encarecemento dos mesmos teñen coma obxectivo expulsar dos bancos ás persoas menos rendíbeis, demandantes de servizos presenciais; nese senso, a falta do establecemento de medidas polas distintas administracións están levando a exclusión financeira a cada vez unha parte máis importante da poboación, mentres os bancos reciben inxentes axudas públicas.

Tamén queremos lembrar que, ante a decisión dos bancos de restrinxir os horarios de caixa a partir das 11 da maña, dende a CIG presentamos denuncia ante a Comisión Estatal da Competencia. O pasado día 28, en pleno debate público, recibimos contestación do citado organismo público pechando o expediente sen realizar unha investigación. Como é posible que os bancos, agrupados nas patronais AEB e CECA, decidan ao mesmo tempo restrinxir os servizos e incluso na mesma franxa horaria, e Competencia non investigue?

Tamén presentamos un contra a decisión do BBVA de restrinxir os horarios, considerando a Audiencia Nacional que esas restricións de servizos tiñan coma obxectivo “proporcionar un mejor servicio público”, asumindo as posicións do banco.

En canto ao papel do Ministerio de Economía e a reunión mantida coas patronais bancarias, consideramos que estamos ante un «paripé» carente de contido. Nese senso xa hai meses que o parlamentario do BNG, Néstor Rego, trasladou ao Congreso dos Deputados as inquedanzas da CIG ante o peche das oficinas bancarias e as restricións dos horarios de atención ao público. A resposta do Goberno foi directamente «saírse» pola tanxente e non dar explicacións.

Se o quere tomar medidas, que tanto o Ministerio de Economía coma o Ministerio de Consumo lexislen, obrigando a restituír os horarios de servizo presenciais. Pretender que a solución veña sexa aportada polos mesmos bancos que restrinxen servizos, é unha tomadura de pelo á poboación. Máis aínda cando continúan reducindo servizos, diminuíndo o número de traballadores e traballadoras nas oficinas e encarecendo o aceso aos servizos financeiros daquelas persoas que consideran pouco rendíbeis en termos económicos.

Goberno, organismos e administracións públicas e a xustiza española, teñen dado as costas á clientela, pero tamén ao persoal dos bancos. Os despedimentos actuais, realizados en base á reforma laboral que permite despedir a quen ten beneficios multimillonarios, son xustificados por uns supostos cambios de hábitos da clientela e o peche de oficinas. Garantir o dereito da poboación aos servizos financeiros presenciais, é garantir os postos de traballo fronte a unha dixitalización que só beneficia aos fondos e investidores internacionais que hoxe teñen o control da banca e semella que dos aparatos do Estado español.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]





Comunicado 220131 [.pdf • 133 kB]



Ningún comentario: