O goberno de PSOE e Unidas Podemos incumpriu a promesa que tantas veces anunciou: non derrogou a reforma laboral de 2012 do PP.
No acordo do «diálogo social», tanto o goberno como UGT e CC.OO pregáronse aos intereses da patronal. O pacto social unha vez máis enterrando os dereitos de traballadores e traballadoras. O texto desta nova reforma, ademais de manter as medidas máis lesivas da do PP, incorpora outras novas que favorecen ao empresariado á costa, outra vez, da clase traballadora:
- O despedimento segue a ser igual de fácil e barato e mantense a barra libre das empresas para os despedimentos colectivos
- Non se recuperan os salarios de tramitación nos despedimentos improcedentes
- Non se recuperan a nulidade dos despedimentos en fraude de lei
- Segue en vigor o 10 % da desregulación da xornada laboral
- Incorpóranse novos contratos de formación e temporais, e modalidades de traballador/a precario/a baixo o novo contrato fixo–descontinuo
- A nova modalidade de ERTE facilita o traspaso de cartos públicos a través das bonificacións nas cotas a Seguridade Social, mentres argumentan que a caixa das pensións está quebrada
- Mantense a prevalencia do convenio estatal fronte aos convenios galegos e provinciais, e tamén os convenios de empresa poidan empeorar os convenios sectoriais, agás nos salarios
Nin pacto social, nin reforma laboral!
Domingo 30 de xaneiro, mobilízate coa CIG!
- Ligazóns relacionadas:
- Mobilizacións: horas e lugares
Infografía: Resumo da nova reforma
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario