Comezamos o ano 2022 cunha serie de recortazos, pactados todos por CC.OO e UGT, nos bancos ou a nivel sectorial e xeral:
Recorte salarial: O IPC de 2021 pechou no 6,5 % a nivel estatal e no 6,7 % en Galiza, cunha suba salarial do 0,25 % (que non se aplicou sobre os trienios). Unha perda de poder adquisitivo xustificada para transferir masa salarial á conta de resultados.
Perda Convenio 2021 por tramo salarial:
Penalización nas xubilacións: Este ano comeza a aplicarse o recorte nas pensións, tanto polo adiamento da idade de xubilación (66 anos e 2 meses), como por calcularse as prestacións sobre os 25 últimos anos. Obrígannos a traballar máis anos para cobrar menos, penalizando tamén as prexubilacións. Por esa reforma, penalizaron e encareceron as prexubilacións, que son en peores condicións.
Reforma Laboral: Malia que hai unha maioría social favorable á derrogación da reforma laboral do PP, continúa en vigor. A xeito de exemplo, os bancos fixeron ERE's tendo beneficios; cambiaron horarios, condicións laborais e aplicaron mobilidade xeográfica. Foron medidas que os bancos tomaron en base á reforma laboral de 2012 e que non se derrogou. Os Bancos poderán seguir tendo beneficios multimillonarios, subindo salarios dos directivos e logo vir con despedimentos e recortes, esa é a realidade da reforma laboral do Goberno PSOE—UP, CC.OO, UGT e a CEOE.
Pactar o recorte de dereitos non é sindicalismo, é un entreguismo inxustificable.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario