Amosando publicacións coa etiqueta BCE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BCE. Amosar todas as publicacións

16 de maio de 2025

OPA hostil BBVA-Banco SABADELL

Hoxe remata o prazo establecido polo Goberno español da consulta pública sobre a OPA.

Xuntanza BNG—CIG no Congreso dos Deputados
De esquerda a dereita: Sefi Romero, Néstor Rego, Miguel Lis e Xosé M. Fernández

A federación de Banca da CIG, mantivo onte, 15 de maio, unha xuntanza co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na que participaron os secretarios das seccións sindicais da CIG nas dúas entidades, ademais da secretaria da federación, para trasladarlle a nosa firme posición contraria a esta operación e os nosos argumentos para rexeitala. O deputado comprometeuse a presentar unha iniciativa no Congreso para abordar o impacto desta operación, despois da reunión coa CIG.

14 de abril de 2023

O Banco preséntanos un Plan Piloto de peches parciais de oficinas

O tempo deunos a razón. Só a CIG se opuxo ao peche de oficinas, sobre todo no rural. Agora a caída do Silicon Valley Bank ou do Credit Suisse demostrou que a liquidez, é dicir, o pasivo, é fundamental. Era previsible que a liquidez do BCE rematase, algo que a Dirección do Banco non valorou guiada polo curto pracismo. Pero o BBVA tropeza dúas veces coa mesma pedra e xa nos anunciou un Plan Piloto de peches parciais de oficinas.

Por outra banda, como xa temos denunciado, falta persoal, as oficinas están asfixiadas, con sobrecarga de traballo, e seguir reducindo persoal empeora a situación. Este novo Plan do BBVA ratifica que é necesario mobilizarse para virar unhas políticas desnortadas e antilaborais.

31 de xaneiro de 2022

O Goberno é cómplice da marxinación financeira da poboación por un proceso de dixitalización excluínte

Ante o debate público xerado pola comprensible protesta dunha parte da clientela dos bancos, afectada pola privatización, reestruturación e restricións horarias, dende a CIG, sindicato que ten dado numerosos pasos para garantir a atención á clientela e o emprego no sector (máis de 100.000 empregos perdidos dende a reestruturación) queremos trasladar a nosa posición.

17 de novembro de 2020

Fusión BBVA–Sabadell, posición da CIG

CIG BANCA - Seccións Sindicais da CIG BBVA—SabadellGallego

A día de hoxe, as Direccións de ambos bancos estudan a posible fusión, é dicir, como será o reparto do poder (guerra de galos), e a cantos e cantas de nós despiden. Niso consisten ese tipo de conversas.

A posible fusión do BBVA e é un novo chanzo no proceso de reconversión bancaria, un proceso de concentración con efectos demoledores sobre o emprego, pero tamén moi negativo para o conxunto da sociedade. A día de hoxe, cando comezan os traballos por parte de ambas empresas para analizar canto persoal despedirán, nós xa estamos facendo a nosa labor sindical.

19 de outubro de 2020

Negociar un convenio en tempos de pandemia

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Levamos 2 anos co convenio vencido; primeiro enleando coa negociación dun Rexistro de Xornada que perpetúa a fraude das prolongacións de xornada e as non pagadas nin cotizadas. Logo, cando parecía que a negociación comezaba a coller corpo, chegou a e todo parou, quedou en suspenso. Retomadas as negociacións en maio, os avances até agora foron nulos.

A patronal segue co seu mantra de non asumir maiores custos, nin suba salarial, nin melloras nas achegas a plans de pensións,… e a cousa non para aí, xa que a súa pretensión vai máis alá de quedar como estamos: a proposta de modificación/supresión dos trienios de antigüidade é un claro exemplo de recorte salarial. Aínda que falen de contención salarial.

9 de setembro de 2020

Non é a Covid, é a cobiza

Proceso de reconversión bancaria:

Cando comezou o proceso de reconversión bancaria, alá polo ano 2008, insistiuse en que o obxectivo era concentrar o sistema financeiro en 4/5 entidades privadas e niso estamos. Todo o que vimos sufrindo dende aquelas segue ese guión. Un proceso que prexudica ao persoal, á clientela e ao conxunto da sociedade. Só beneficia aos grandes grupos multinacionais propietarios de grandes paquetes de accións, á cobiza.

Estamos asistindo a un episodio que abre de novo o escenario de fusións: a venda dunha entidade participada polo Estado (60% de Bankia). Un ben público que será «vendido» sen seguir os criterios mínimos nestes procesos (transparencia, mellor oferta… etc.). E que ademais está guiado polo actual Presidente de , nomeado polo Ministerio de Economía, que só busca a súa continuidade e beneficio persoal. Lembra ás privatizacións do período de Aznar ou de Boris Yelsin, o que a esquerda española, cando estaba na oposición, chamaba «capitalismo de amiguetes».

18 de xaneiro de 2019

Esiximos ceses e demandamos do Goberno e dos Organismos reguladores unha actuación inmediata

Ante a gravidade dos feitos do escándalo que estamos vivindo, decidimos manter a máxima cautela, toda vez que ademais os focos, con razón, están centrados hoxe na Entidade na que traballamos. Por iso até este momento a CIG mantivo silencio, por responsabilidade, e se rachamos hoxe a cautela, é despois de que a alta Dirección do BBVA se dirixise ao cadro de persoal, nun que non compartimos.

Dende a CIG creemos que a única investigación válida será aquela que se poida realizar por parte da xustiza, das forzas de seguridade do Estado, dos Organismos reguladores e do Goberno, malia que dado o tempo transcorrido será moi difícil. En todo caso instamos ao Goberno do Estado e aos organismos reguladores a actuar coa máxima contundencia e axilidade.

Entendemos que de xeito cautelar deben cesar no seu posto todas e cada unha das persoas que tiveron responsabilidade na alta Dirección do BBVA durante os anos nos que supostamente se adoptaron medidas, que responsables políticos cualifican como «mafiosas». Hai que eliminar de raíz calquera dúbida ou sospeita que afecte á confianza no BBVA. A estabilidade da empresa e os postos de traballo están moi por riba de intereses persoais e personalistas.

23 de setembro de 2015

Por uns convenios que regulen as condicións de traballo e rematen cos continuos abusos empresariais.

24 DE SETEMBRO: CONCENTRACIÓNS
Santander, BBVA, Pastor-Popular, Bankia e Abanca

Podemos cumprir os crecentes e desmedidos obxectivos comerciais e traballar de sol a sol doce horas diarias, tardes e noites, sábados e domingos. Achantar e non reclamar os nosos dereitos. Pasar por un mal momento: unha enfermidade, a perda dun ser querido, etc, pode dar ao traste co traballo de anos. Todo o esforzo individual non garante o respecto as condicións laborais nin ao posto de traballo. Só a acción colectiva pode ter éxito fronte ao poder da banca.

As direccións das entidades actúan de xeito coordinado na negociación dos distintos convenios do sector financeiro, perseguen os mesmos obxectivos. Os traballadores e traballadoras de todo o sector debemos coordinarnos tamén. As direccións pretenden recortar máis dun 30% o salario fixo, eliminar pagas ou trienios. O seu obxectivo: ligar aínda máis os salarios ao cumprimento dos obxectivos, á colocación de produtos que a clientela non demanda pero que temos a obriga de «vender» a toda costa.