19 de outubro de 2020

Negociar un convenio en tempos de pandemia

Negociación XXIV Convenio Colectivo AEB


Levamos 2 anos co convenio vencido; primeiro enleando coa negociación dun Rexistro de Xornada que perpetúa a fraude das prolongacións de xornada e as non pagadas nin cotizadas. Logo, cando parecía que a negociación comezaba a coller corpo, chegou a e todo parou, quedou en suspenso. Retomadas as negociacións en maio, os avances até agora foron nulos.

A patronal segue co seu mantra de non asumir maiores custos, nin suba salarial, nin melloras nas achegas a plans de pensións,… e a cousa non para aí, xa que a súa pretensión vai máis alá de quedar como estamos: a proposta de modificación/supresión dos trienios de antigüidade é un claro exemplo de recorte salarial. Aínda que falen de contención salarial.

Pola contra, as entidades do sector andan a buscar a forma de premiar ao seu accionariado co pago de dividendos, eludindo as recomendacións/limitacións do Banco Central Europeo.

A dignidade persoal e profesional das traballadoras de Banca é vilipendiada sistematicamente polas empresas do sector, cunha presión comercial que non coñece límites, que está en niveis insufribles, con baixas psicolóxicas que medran de xeito exponencial, cunha conciliación que só existe no papel, onde as mulleres seguen a sufrir discriminación salarial indirecta, e cunha xestión de RRHH baseada no corto prazo con absoluto desprezo das persoas.

Na última xuntanza do día 14 de outubro, defendemos as nosas propostas de mellora e xa advertimos que non aceptaremos un convenio á baixa, con recortes e baleiro de contido. Agardamos que o resto da representación sindical actúe do mesmo xeito, acorde ás plataformas presentadas, non pregándose aos intereses da patronal.

A mesma patronal que trata de utilizar a como coartada para facer un convenio a súa medida. Nada novo no seu patrón de comportamento, sempre aproveitando as «crises» para varrer para casa, agás porque esta é diferente: está en xogo a saúde das persoas, e incluso a propia vida.

Como esperan ser parte da solución, sendo un servizo esencial, se desprezan ao capital humano, as persoas que dan forma e contido ao sector?

PARA A CIG O ÚNICO CAMIÑO PASA POR CONTINUAR NA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS CON LOITA E DIGNIDADE E POR ISO SAIREMOS Á RÚA PARA DENUNCIAR ESTE NOVO ESPOLIO DOS NOSOS DEREITOS!!!




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 201019 [.pdf · 115 kB]



Ningún comentario: