Na última Mesa de RR.LL, a empresa informa sobre as Medidas de Flexibilidade implementadas en Madrid e Cataluña. CIG nese momento reclamou o mesmo trato para os territorios afectados por esas situacións, que doutro xeito considerabamos discriminados. A Empresa asume o noso argumento e ven de informar sobre as diversas opcións que a plantilla pode optar ante estas dúas situacións.
Zonas (localidades, municipios, barrios…) en confinamento perimetral e mentres dure esta situación:
PROTOCOLOS PENDURADOS NO SITE COVID PARA ZONAS EN CONFINAMENTO E MEDIDAS PREVENTIVAS: Un cliente por cada persoa traballadora coa porta pechada e todas as medidas preventivas (máscara, distancia social, xel…).
PLANTILLA CON XORNADA PARTIDA: SE TES PORTÁTIL DE EMPRESA, podes ir xantar á casa e rematar dende alí a túa xornada en teletraballo.
SE NON TES PORTÁTIL, tes a opción de facer xornada continuada, en concreto, dende as oito da mañá para non sair moi tarde se así o precisas.
Zonas con peche de bares e restaurantes pero sin confinamento perimetral:
As mesmas medidas salvo que non se aplica o protocolo de confinamento (porta pechada, unha persoa por traballador/a).
Os xoves pola tarde para plantilla con horario de convenio:
Nos territorios de Madrid e Cataluña, abren a opción de non traballar os xoves pola tarde e recuperar as horas previo acordo coa xefatura. Tamén reclamamos o mesmo trato e nestos momentos temos pendente a confirmación deste punto que se fará en breve.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario