30 de decembro de 2008
28 de decembro de 2008
Reunión coa UTRH Noroeste
Como vén sendo habitual, a nosa Sección denunciou as deficiencias na comunicación coa empresa que, como xa temos comentado, tarda en facilitar moita información ou, directamente, non nola aporta.
Deixamos patente unha vez máis a nosa desconformidade con esta situación, e loitaremos contra ela con todos os recursos que estean nas nosas mans.
19 de novembro de 2008
Revisións Médicas 2008
12 de novembro de 2008
Mobilizate coa CIG fronte a crise
8 de novembro de 2008
Mobilizacións tamén en Euskadi
30 de outubro de 2008
Cambio no teleproceso
Coincide este cambio, e non cremos que sexa casualidade, coa reunión que o BBVA mantivo coa administración dos CBC sobre a importancia da automatización.
Para este cambio masivo, que afecta a todo o mundo en maior ou menor medida, a formación vai en cascada: os RGA serán responsables de dar a información ao resto do cadro de persoal.
Isto nos fai preguntarnos algunhas cuestións:
21 de outubro de 2008
Novas actuacións das Inspeccións de Traballo no BBVA
30 de setembro de 2008
A CIG–Banca considera imprescindible unha nova Lei de Caixas de Aforros Galega e un maior control sobre as Entidades Financeiras
29 de setembro de 2008
Crise financeira: A todos os traballadores e traballadoras de Bancos e Caixas
24 de setembro de 2008
Mobilización da CIG en Ourense contra a reconversión do BBVA
17 de setembro de 2008
Mal CLIMA: Prognóstico de fin de verán
Como era de esperar, a xente que quedou traballando en agosto está derreada e a que volta de vacacións desganada, ao ver que a maquinaria do CLIMA e o PEIT non se detén...
Pero iso si, na liña de transparencia habitual, a información oficial é inexistente, e os prognósticos e rumores non deixan de aparecer:
Auditoría e cambio climático
Como xa saberedes, a Auditoría está a traballar sen descanso nestes últimos meses. O certo é que non é unha queixa nova pola nosa parte salientar a cantidade de malas prácticas bancarias que teñen lugar na operativa diaria, motivadas sobre todo por causas non imputables ao persoal:
- Descoñecemento da normativa vixente, o que se agravou e nunca corrixiu tralas fusións
- Desactualización da norma, que complica innecesariamente os procesos cando hoxe se dispón de medios que non se aproveitan
- Falla de formación nestes aspectos do persoal de nova incorporación e temporal. Problema que existe dende hai moito, pero que se agrava nestes días pola proliferación de contratos temporais
- Falla de concienciación e motivación na importancia destes aspectos dende a cadea de mando e a política da empresa
- Escaseza de persoal e presión comercial, que fan que primen outros aspectos sobre o cumprimento de normativa
1 de setembro de 2008
Acordos desconcertantes
18 de agosto de 2008
Obxectivo: Sobrevivir en agosto
Entrementres, o tradicionalmente “tranquilo” mes de agosto pódese converter para toda aquela persoa que quede na oficina no pesadelo dun mes de verán.
Cambios no clima
Non é moita a información de que dispoñemos e, por suposto, de palabra, pero aquí vai un adianto:
Acordos desconcertantes
14 de xullo de 2008
Solucionando problemas
Cuartos de paga SEN MINGUA
Como xa vos comentaramos no comunicado de outubro de 2007 «Cuartos de paga minguados», tiñamos reclamado ante a empresa o cálculo que fixeran do cuarto de paga que comezaran a pagar o ano pasado para o persoal procedente de Arxentaria. Como é habitual, nin por escrito nin de palabra, quixeron admitir que non levaban razón.
Nembargante, a Audiencia Nacional recoñeceu que se debe computar toda a antigüidade do colectivo afectado, e non só a contada dende a fusión.
O sindicato vasco LAB, presentou varias demandas individuais de execución da dita sentencia e na CIG tamén as tiñamos preparadas para presentar. No Acto de Conciliación que marca a Lei, non houbo avinza por parte da empresa, quen insistía en ter ben feito o cálculo.
3 de xullo de 2008
A Consellería de Traballo implícase no conflito
O pasado día 2 de xullo unha representación da CIG reuniuse coa Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo, co fin de abordar a situación creada polo denominado Plan de Innovación e Transformación que ten en marcha o BBVA e que se traduciría na destrución de 400 empregos na Galiza.
Nesta reunión á que asistiron os compañeiros da Sección Sindical da CIG no BBVA Luciano Luxilde e Teresa Richard, xunto co Secretario da Federación Clodomiro Montero, denunciouse que gran parte da carga de traballo que realizaba o persoal do banco está sendo subcontratada a unha empresa participada ao 100 % polo propio Banco chamada OP Plus, que implantouse no Parque Tecnolóxico de Málaga recibindo subvencións da Junta de Andalucía para a apertura do centro así como para a formación deste persoal. Segundo o Banco OP Plus Málaga que iniciou a súa marcha con 200 persoas podería chegar até as 5.000 persoas de aquí ao 2010, coa conseguinte redución de persoal do Banco no resto do Estado, incluída Galiza.
27 de xuño de 2008
Mobilización en Lugo e reunión coa Consellería de Traballo
O día 26 de xuño tivo lugar unha nova mobilización, unha concentración de delegados/as en Lugo para protestar contra o que o Banco chama eufemisticamente «Plan de Innovación e Transformación».
O vindeiro día 2 de xullo terá lugar a reunión coa Consellería de Traballo para solicitar da administración pública galega que se involucre no mantemento dos 400 postos de traballo que a entidade pretende amortizar.
19 de xuño de 2008
A CIG continua as mobilizacións cunha concentración en Pontevedra
Onte día 18 de xuño medio cento de delegados/as da CIG concentraronse na Oficina Principal de Pontevedra en cumprimento do calendario previsto para dar resposta ao proceso de reconversión do BBVA.
17 de xuño de 2008
Asemblea traballadores e traballadoras en Pontevedra
Compañeiro/compañeira:
Se non puideches acudir á asemblea que convocamos en Vigo o pasado día 10, tes a oportunidade de facelo agora na vindeira que celebraremos no local da CIG en Pontevedra, na que trataremos as medidas a tomar ante o plan de RECONVERSIÓN da empresa que significará a destrución de 8.000 postos de traballo, dos que 400 serán en Galiza, utilizando para elo a exteriorización de servizos (OP+ Málaga, IBM España, Securitas), as deslocalizacións (OP+ Lima, IBM Arxentina) e as prexubilacións e baixas incentivadas.
Clima de verano
A implantación do CLIMA segue creando malestar entre o persoal xa que, a case dous meses vista dende a implantación en Galicia, os problemas seguen sen se resolver, cando non aparece algún novo… e por se fora pouco, a información oficial brilla pola súa ausencia e a rumoroloxía aumenta.
O Departamento de RR.HH ten agora moita presa para que quen sufriu cambio de funcións envíe asinada unha carta que recolle as modificacións de contrato (cando menos as que ao BBVA lle interesa que queden por escrito).
A Inspección requeriu ao BBVA para que informe a representación sindical
O pasado día 30 de abril, dende a CIG presentamos unha denuncia contra o BBVA na Inspección de Traballo de A Coruña pola escaseza, imprecisión e atraso do banco na entrega de información sobre a implantación e contido do Proxecto CLIMA.
Na denuncia se lle expón á Inspección, como se informa de xeito verbal á CIG nunha reunión aparte de outros sindicatos, de cambios organizativos globais e moi relevantes polos que desaparecen postos como o de JGAC ou JGO entre outras cousas.
Asemade, se comenta o feito de que non foron comunicados cambios organizativos anteriores que supuxeron a desaparición e externalización de departamentos completos, no inicio da implantación do PEIT.
6 de xuño de 2008
Convocadas Asembleas
Compañeiro/compañeira:
A empresa ten en marcha un plan de RECONVERSIÓN que significará a destrución de 8.000 postos de traballo, dos que 400 serán en Galiza, utilizando para elo a exteriorización de servizos (OP+ Málaga, IBM España, Securitas), as deslocalizacións (OP+ Lima, IBM Arxentina) e as prexubilacións e baixas incentivadas.
Ante esta situación, dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) convocámosvos a unha asemblea de traballadores e traballadoras que se celebrará en VIGO
2 de xuño de 2008
Conversas sobre o Clima
O pasado 27 de maio tivo lugar en Madrid unha reunión entre representantes da nosa Sección Sindical e responsables de Relacións Laborais de BBVA.
Alí puidemos expoñer a postura de rexeitamento que amosamos contra o PEIT por:
EXTERNALIZAR servizos de banca a empresas non bancarias e incluso fóra do Estado.
PRECARIZAR o emprego ao usar condicións laborais peores que as do Convenio de Banca.
Neste senso as posturas son totalmente opostas entre a empresa e a nosa Sección Sindical.
22 de maio de 2008
O conflito BBVA chega ao Parlamento galego
A nosa resposta ao Plan de Reconversión do BBVA non se limita ás mobilizacións que temos en marcha; estamos dando pasos a todos os niveis co fin de frear este proceso. Neste senso, son varias as frontes abertas das que vos iremos informando ao seu debido tempo.
8 de maio de 2008
Nova mobilización da CIG contra a reconversión
As 11 da maña do día de hoxe a OP da Coruña foi o escenario dunha nova mobilización da CIG contra a reconversión do BBVA pola que 400 postos de traballo desapareceran en Galiza sendo a carga de traballo externalizada e deslocalizada a través de subcontratas radicadas en Málaga, Buenos Aires e Lima.
7 de maio de 2008
Cimeira sindical europea do BBVA en Lisboa
O pasado día 5, representantes dos traballadores e traballadoras de Galiza, Portugal e Reino Unido mantiveron unha reunión para tratar de unificar criterios fronte ao proceso de reconversión do BBVA en toda Europa. Franceses e vascos xa anunciaron o seu apoio a esta iniciativa sindical.
O BBVA ten en marcha un proceso de reconversión polo que pretende desfacerse de milleiros de postos de traballo en toda Europa, 400 en Galiza. Ante esta situación a Confederación Intersindical Galega (CIG) impulsou, coincidindo coa celebración dun Comité de Empresa Europeo en Lisboa, unha cimeira sindical na que CC.OO e UGT rexeitaron participar.
30 de abril de 2008
O día 8 mobilizarémonos na Coruña
O pasado 23 de abril, cunha concentración na Oficina Principal de Compostela, a capital de Galiza, comezamos o proceso de mobilizacións contra a reconversión do BBVA.
Días antes solicitamos formalmente de RR.HH información sobre o alcance do proceso; do número de persoas afectadas; das opcións de recolocación; sobre como afectan os cambios organizativos aos salarios, aos horarios, ás categorías profesionais ou a calquera outra condición laboral.
28 de abril de 2008
Non á reconversión do BBVA
Casi 200 de delegados e delegadas da CIG concentrouse o 23 de abril na Oficina Principal do BBVA na capital de Galiza para protestar pola posta en marcha dun proceso de reconversión que pode levarse por diante 400 postos de traballo no país.
Ao berro de «Váiase señor González», en referencia a Francisco González, presidente do banco, a CIG comezou as mobilizacións contra o inicio dun proceso de reconversión no BBVA.
23 de abril de 2008
A CIG inicia as mobilizacions no BBVA
Hoxe a CIG comezou as mobilizacións contra o Plan de reconversión do Banco cunha concentración de delegados e delegadas diante da Oficina Principal da capital de Galiza.
14 de abril de 2008
Os cambios organizativos non poden afectar as vacacións
Unha das primeiras cuestións que están a xurdir como consecuencia dos movementos de persoal producidos polo Proxecto CLIMA, é que aínda que os Cadros de Vacacións xa foran pechados (tardísimo, por certo) é moita xente a que se atopa con que no novo destino lle piden (ou lle esixen que pidan) a modificación dos seus períodos vacacionais:
12 de abril de 2008
BBVA, un banco sen bancari@s?
Francisco González, presidente do BBVA, cobrou 5'08 millóns de euros o pasado ano
A Dirección do BBVA ten posto en marcha un plan de redución de custes, baseado na eliminación dos traballadores e traballadoras indefinidos do banco, que seran sustituidos por persoal de subcontratas con peores condicións laborais. Nada novo no sector financeiro si non fose polo alcance do mesmo, até o persoal de ventanilla podería ser sustituido por persoal cedido por unha empresa de seguridade.
Transcribimos aquí o comunidado remitido ao persoal da Entidade.
18 de marzo de 2008
Intervención da CIG na xunta xeral de accionistas do BBVA 2008
Como en anos pasados, grazas a agrupación de accións dos traballadores e traballadoras, asistimos á xunta de accionistas do BBVA para facer oír a nosa voz. Fixemos unha intervención que deseguido podes ler, pero tamén tivemos a oportunidade de escoitar a representantes doutros grupos, non só sindicais, que lle reclaman ao grupo BBVA entre outros asuntos, o financiamento de proxectos relacionados coa venda de armas ou, por exemplo, coa construción dun gaseoducto na Amazonia peruana que está a danar o medio ambiente.
Queremos aproveitar a ocasión para axuntarvos os enderezos das páxinas nas que vos podedes informar destes asuntos:
11 de marzo de 2008
Condena do asasinato de Leónidas Gómez Rozo
Leónidas Gómez Rozo (DEP)
O pasado 5 de marzo era asasinado o dirixente nacional da Unión Nacional de Empleados Bancarios de Colombia (UNEB) Leónidas Gómez, unha nova vitima do terrorismo de estado incentivado polo narco-goberno do ultradereitista Alvaro Uribe. O seu cadaver foi atopado o pasado día 8 de marzo acoitelado no seu domicilio. Leónidas Gómez Rozo era traballador do Citibank e formaba parte do Comite Nacional de Empresa da entidade na UNEB. Non foi ese o único atentado contra sindicalistas bancarios en Colombia, o día 7 de marzo foi tiroteado por dous sicarios outro dirixente do mesmo sindicato. En Colombia é habitual o asasinato de sindicalistas e das súas familias por parte das empresas, para solucionar os conflitos laborais, asasinatos que Leónidas Gómez denunciou por toda América Latina. Tan só no que vai de ano 9 sindicalistas foron asasinados e outros moitos sufriron atentados.
21 de febreiro de 2008
Milleiros de delegados/as da CIG contra a carestía da vida
O pasado día 21 de febreiro milleiros de delegados e delegadas da CIG percorreron en manifestación as rúas de Compostela «Contra a carestía da vida e por uns salarios dignos». Con esta mobilización a nosa Central Sindical reclama medidas urxentes por parte das diferentes Administracións para atallar a desmedida suba dos prezos.
Vimos de perder un 1'45 % dos nosos salarios polos atrasos correspondentes ao ano 2007 que non cobraremos. Unha perda calculada en relación ao IPC do ano 2007 que pechou no 4'2 %, pero hai que ter en conta que numerosos produtos básicos pecharon moi por riba, como os prezos dos alimentos que medraron un 6'6 % segundo o propio Instituto Nacional de Estatística (INE).
Despedimentos en Bancos e Caixas
Estamos detectando con gran preocupación un incremento no número de despedimentos en Bancos e Caixas de Aforros que teñen un fío común. Os despedimentos son realizados en base a supostos incumprimentos da normativa interna das Entidades, nomeadamente a relacionada coa concesión de préstamos e créditos.
En todos os casos, os préstamos e créditos foron concedidos en base á operatoria habitual en cada unha das empresas, malia que a operatoria habitual non sempre coincide cunha interpretación ríxida da normativa interna.
20 de febreiro de 2008
19 de febreiro de 2008
14 de febreiro de 2008
Solidariedade cos traballadores e traballadoras de Bosch
O cadro de persoal do callcenter da multinacional alemana Bosch en Vigo estase vendo sometido a unha vaga represiva por parte da empresa con despedimentos e sancións, nomeadamente a delegadas e candidatas da CIG.
Vaia dende aquí a nosa solidariedade. Podedes consultar o comunicado público de denuncia da Sección Sindical da CIG en Bosch.
10 de febreiro de 2008
Suba salarial 2007:
Para nos un 2'75 %, para eles un 13'5 %
Os traballadores e traballadoras do BBVA tivemos unha suba salarial do 2'75 % no ano 2007 mentres o IPC foi do 4'2 %, polo que perdemo un 1'45 % dos nosos salarios debido aos atrasos que non cobraremos grazas ao Convenio Estatal asinado por CC.OO–UGT–CGT.
Agora os medios de comunicación coinciden en sinalar a desproporcionada suba salarial da cúpula directiva dos grandes bancos, especialmente a suba dos salarios e da blindaxe de Francisco González. O seu salario fixo subiu un 5 %, o variable un 18 %, a media foi do 13'5 % en total o Presidente do BBVA embolsarase 5,73 millóns de euros (casi mil millóns das antigas pesetas).
En canto a súa blindaxe (o que cobraría do BBVA en caso de despedimento) subiu até os 81 millóns de euros.
Defenden a contención salarial e o despedimento libre, menos para eles claro.
7 de febreiro de 2008
Canto subiron os prezos realmente?
O IPC oficial do ano 2007 foi do 4'2 %. Os petos dos consumidores dín que ese indicador non é real, canto subiron realmente os prezos?.
Tomando como base o prezo dos produtos de consumo básicos das familias que publica o Instituto Nacional de Estatística, aquí tes unha curiosa páxina web que calcula o IPC real, non o oficial. Por certo, segundo os seus autores o IPC do ano 2007 foi do 7'62 % sen ter en conta o gasto en vivenda, sen dúbida un dato mais achegado a realidade.
Nun ano de beneficios, os bancos reparten perdas
A suba salarial pactada no Convenio estatal de Banca, por (AEB, CC.OO, UGT e CGT) para o ano 2007 foi do 2'75 % sen dereito a percibir os correspondentes atrasos en caso de que o IPC superase esa porcentaxe.
Finalmente o IPC pechou no 4'2 %, polo que todo o persoal afectado polo Convenio de Banca perdeu un 1'45 % dos seus salarios, os atrasos que non cobrará.
24 de xaneiro de 2008
BBVA sen armas
Tedes unha nova ligazón a vosa disposición, a da campaña «BBVA sin Armas» que puxeron en marcha unha serie de ONG's e que a nosa sección sindical apoia.