Compañeiro/compañeira:
Se non puideches acudir á asemblea que convocamos en Vigo o pasado día 10, tes a oportunidade de facelo agora na vindeira que celebraremos no local da CIG en Pontevedra, na que trataremos as medidas a tomar ante o plan de RECONVERSIÓN da empresa que significará a destrución de 8.000 postos de traballo, dos que 400 serán en Galiza, utilizando para elo a exteriorización de servizos (OP+ Málaga, IBM España, Securitas), as deslocalizacións (OP+ Lima, IBM Arxentina) e as prexubilacións e baixas incentivadas.
Acude e participa: o teu posto de traballo pode estar en xogo.
Non á reconversión do BBVA!
Nin exteriorización nin deslocalización!!
Polo mantemento dos postos de traballo na nosa terra!!!

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
2 comentarios:
dádelles leña a esta panda de terroristas de garabata!!!
Publicar un comentario