Somos un sindicato insubornable, duro e incansable na defensa do interese colectivo
Miguel / Lugo
Que representan para CIG BBVA as Eleccións Sindicais?
Son un instrumento de participación, non un fin en si mesmo, que deben permitir reforzar a forza sindical que traballa para rematar coa prolongación irregular de xornada non retribuída; busca un sistema salarial xusto, equilibrado e transparente que fuxa das manipuladas fórmulas variables; con políticas laborais pensadas e orientadas a favor das persoas que compoñen o cadro de persoal do banco, baixo o irrenunciable obxectivo da verdadeira conciliación da vida laboral coa persoal e familiar.
Aspectos que deben integrarse nun convenio escrito que regule e dote de protección xurídica aos acordos fronte á arbitrariedade da empresa. Somos un sindicato próximo, insubornable, duro e incansable na defensa do interese colectivo.
Cal é a situación laboral no banco?
Banco e sector viven un proceso laboral e social excepcional, que se ceba sobre as condicións de traballo baixo pretexto dunha crise que na práctica serve para desenvolver un proceso de regulación encuberto, coa pasividade dos sindicatos institucionais que miran para outro lado, permitindo facer.