5 de outubro de 2011

Flexibiliza que algo queda

Convenio para acadar melloras ou para regular reestruturacións do sector bancario?

Na reunión de hoxe, CC.OO e UGT presentaron unha proposta de «Garantía da Función Sindical» que a AEB está disposta a estudar. Din que como a «carreira sindical» esixe cada vez maior formación queren falar de categoría profesional e retribucións variables para os «sindicalistos», estendendo deste xeito ao Convenio Colectivo os acordos asinados1 xa por eles no SCH2, Banesto3 e Deutsche Bank.

Dende a CIG, sindicato maioritario da banca en , rexeitamos as propostas que pretenden privilexiar aos representantes sindicais fronte ao resto do persoal, con premios salariais e ascensos de categoría.
A continuación tratouse o tema do . Aínda que non estaba previsto, os sindicatos estatais CC.OO e UGT propuxeron abordar este tema nesta sesión, a pesares de terse tratado xa noutra anterior, para fixar as condicións que rexerán posibles reestruturacións empresariais e do sector, dando por sentado que estas se van producir.

Esquecen a urxencia da mellora das condicións laborais (cumprimento da laboral de 8 a 15 horas, contratación directa de persoal e non a través de ETTs, freo a exteriorización de traballos e servizos, etc.) como garantía do mantemento do emprego.

Mentres a AEB fala de «Flexibilidade e Competitividade» como elementos fundamentais para tratar o tema do emprego no sector, CC.OO e UGT éntranlle ao xogo e manifestan a súa disposición a pór enriba da mesa unha proposta que achegue as súas posturas (regulación, reestruturación sectorial) ás da patronal (flexibilidade no emprego).

Nesta sesión deuse por rematada a defensa polo miúdo das distintas plataformas, polo que cumpriría entrar a concretar temas.

Sen embargo, fixouse a nova sesión para o 2 de novembro e, entrementres, Que?



Acordos Estatuto Función Sindical:
  1. BBVA [.pdf • 608 Kb]
  2. SCH [.pdf • 363 Kb]
  3. Banesto [.pdf • 4'1 Mb]





➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 111005 [.pdf • 20 Kb]


Ningún comentario: