Amosando publicacións coa etiqueta SCH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SCH. Amosar todas as publicacións

5 de outubro de 2011

Flexibiliza que algo queda

Convenio para acadar melloras ou para regular reestruturacións do sector bancario?

Na reunión de hoxe, CC.OO e UGT presentaron unha proposta de «Garantía da Función Sindical» que a AEB está disposta a estudar. Din que como a «carreira sindical» esixe cada vez maior formación queren falar de categoría profesional e retribucións variables para os «sindicalistos», estendendo deste xeito ao Convenio Colectivo os acordos asinados1 xa por eles no SCH2, Banesto3 e Deutsche Bank.

Dende a CIG, sindicato maioritario da banca en , rexeitamos as propostas que pretenden privilexiar aos representantes sindicais fronte ao resto do persoal, con premios salariais e ascensos de categoría.

21 de febreiro de 2008

Milleiros de delegados/as da CIG contra a carestía da vida

O pasado día 21 de febreiro milleiros de delegados e delegadas da CIG percorreron en manifestación as rúas de «Contra a carestía da vida e por uns salarios dignos». Con esta a nosa Central Sindical reclama medidas urxentes por parte das diferentes Administracións para atallar a desmedida suba dos prezos.


mobilización CIG

mobilización CIG

Vimos de perder un 1'45 % dos nosos polos atrasos correspondentes ao ano 2007 que non cobraremos. Unha perda calculada en relación ao IPC do ano 2007 que pechou no 4'2 %, pero hai que ter en conta que numerosos produtos básicos pecharon moi por riba, como os prezos dos alimentos que medraron un 6'6 % segundo o propio Instituto Nacional de Estatística (INE).