O pasado día 21 de febreiro milleiros de delegados e delegadas da CIG percorreron en manifestación as rúas de Compostela «Contra a carestía da vida e por uns salarios dignos». Con esta mobilización a nosa Central Sindical reclama medidas urxentes por parte das diferentes Administracións para atallar a desmedida suba dos prezos.
Vimos de perder un 1'45 % dos nosos salarios polos atrasos correspondentes ao ano 2007 que non cobraremos. Unha perda calculada en relación ao IPC do ano 2007 que pechou no 4'2 %, pero hai que ter en conta que numerosos produtos básicos pecharon moi por riba, como os prezos dos alimentos que medraron un 6'6 % segundo o propio Instituto Nacional de Estatística (INE).
Pola contra, os titulares da prensa son unánimes e demoledores: A Banca exhibiu beneficios récords, o SCH gañou 9.060 millóns de euros, o BBVA incrementou os beneficios un 29'4 %, o Banco Pastor gañou un 29'6 % máis, o Banco Popular obtivo 1.260 millóns de beneficios, un 22 % máis, e así un tras outro. Os nosos salarios subiron por Convenio un 2'75 % co visto bo de CC.OO, UGT e CGT. Ante esta situación os delegados e delegadas da CIG nos distintos Bancos estivemos presentes na manifestación para denunciar publicamente aos Bancos e para reivindicar subas salariais acordes cos bos resultados das empresas.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario