Leónidas Gómez Rozo (DEP)
O pasado 5 de marzo era asasinado o dirixente nacional da Unión Nacional de Empleados Bancarios de Colombia (UNEB) Leónidas Gómez, unha nova vitima do terrorismo de estado incentivado polo narco-goberno do ultradereitista Alvaro Uribe. O seu cadaver foi atopado o pasado día 8 de marzo acoitelado no seu domicilio. Leónidas Gómez Rozo era traballador do Citibank e formaba parte do Comite Nacional de Empresa da entidade na UNEB. Non foi ese o único atentado contra sindicalistas bancarios en Colombia, o día 7 de marzo foi tiroteado por dous sicarios outro dirixente do mesmo sindicato. En Colombia é habitual o asasinato de sindicalistas e das súas familias por parte das empresas, para solucionar os conflitos laborais, asasinatos que Leónidas Gómez denunciou por toda América Latina. Tan só no que vai de ano 9 sindicalistas foron asasinados e outros moitos sufriron atentados.
A UNEB foi o sindicato que denunciou o ano pasado ao BBVA por condutas antisindicais en Colombia. Tamén mantiña un conflito laboral en defensa dos postos de traballo e das condicións laborais co banco HSBC.
Os autores materiais foron os paramilitares as ordes do narco-goberno de Álvaro Uribe, os indutores e beneficiarios os dirixentes dalgun gran banco, magoa que nunca chegaremos a saber cal.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario