Amosando publicacións coa etiqueta Citibank. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Citibank. Amosar todas as publicacións

11 de marzo de 2008

Condena do asasinato de Leónidas Gómez Rozo

Leónidas Gómez Rozo
Denuncia

Leónidas Gómez Rozo (DEP)

O pasado 5 de marzo era asasinado o dirixente nacional da de Colombia (UNEB) Leónidas Gómez, unha nova vitima do terrorismo de estado incentivado polo narco-goberno do ultradereitista Alvaro Uribe. O seu cadaver foi atopado o pasado día 8 de marzo acoitelado no seu domicilio. Leónidas Gómez Rozo era traballador do e formaba parte do Comite Nacional de Empresa da entidade na UNEB. Non foi ese o único atentado contra sindicalistas bancarios en Colombia, o día 7 de marzo foi tiroteado por dous sicarios outro dirixente do mesmo sindicato. En Colombia é habitual o e das súas familias por parte das empresas, para solucionar os conflitos laborais, asasinatos que Leónidas Gómez denunciou por toda América Latina. Tan só no que vai de ano 9 sindicalistas foron asasinados e outros moitos sufriron atentados.