14 de setembro de 2011

Champaña e caviar para uns, recortes para outros

AEB non nos explica porqué as entidades, se teñen diñeiro para as astronómicas subas de presidentes e conselleiros, blíndanse na súa postura de conxelación salarial durante os próximos dous anos. Considéranse, segundo afirmaron, vítimas da actual crise, polo que din que non deben asumir o custe da baixa no negocio, pero polo visto, o persoal da banca si.

A proposta dos bancos é:


  • Convenio 4 anos.
  • Suba salarial anos 2011 e 2012: sen suba. Na práctica, un recorte salarial dada a suba do IPC. Neste senso, lembraron o pacto Confederal asinado por CC.OO, UGT e CEOE, no que marcaron un tope salarial para o 2010 do 1 % , que din non foi aplicado no Convenio de Banca. Anos 2013 e 2014: unha suba fixa, sen ter en consideración a suba do custe da vida. A maiores, unha parte variable ligada aos beneficios de cada empresa, desaparecendo o ¼ de paga e conxelando as pagas de beneficios.
  • Antigüidade e Bolsa de vacacións: Redefinilas e actualizalas. É dicir: recortalas.
  • Xubilacións: modificar a previsión social dado o «custe» da reforma das pensións.¿?

Posición da CIG:

  • -Foi a AEB a que decidiu desligar os salarios de Convenio da evolución das empresas durante os tempos de bonanza. Levamos dende o ano 2000 acumulando perdas de poder adquisitivo.
  • Decidiron ligar a evolución das empresas aos salarios fóra de convenio, a través de complementos variables/funcionais. Moitos bancos xa recortaron ou eliminaron retribucións variables, os traballadores/as xa estamos pagando a crise malia que os bancos manteñen unha alta capacidade de xerar beneficios.
  • A produtividade incrementouse dende o ano 2000 un 310 % . Se queren ligar salarios a produtividade, que nos paguen os atrasos.
  • Din que unha rebaixa dos salarios é unha garantía de empregabilidade. Falso, os bancos destruíron emprego en tempos de bonanza e hai varias entidades con EREs en marcha, con falsos despedimentos disciplinarios, ou con despedimentos obxectivos.

A CIG comezará as mobilizacións nos bancos en demanda dun convenio digno e fronte aos duros ataques da patronal aos nosos salarios. Facemos un chamamento ao persoal para non facer horas extras e levaremos adiante unha campaña de persecución da extensión ilegal da xornada laboral. A próxima reunión será o 5 de outubro. Seguiremos informando.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 110914 [.pdf • 26 Kb]


Ningún comentario: