A estas alturas da película, xa sabemos que a empresa vén de dar unha nova volta de torca ao proceso de externalización e subcontratación das máis diversas tarefas bancarias, sendo a destinataria
OP PLUS Málaga. Co cabo da eficiencia e a maior, se cabe, calidade na consecución dos procesos (lease isto coa debida ironía), se nos vende o traslado das derradeiras funcións administrativas aos compañeiros/as de
Málaga. En Madrid, e tamén aquí na Territorial Noroeste, quérese transmitir a idea de que o emprego non está en perigo no
BBVA e que os compañeiros/as de administración van estar apoiados/as neste proceso de cambio de funcións, que van a sufrir nas súas costas.
En todo o Estado español, estamos a falar de 917 postos de traballo que se amortizan (os RGA, TGA, GA e RCO), creándose dous postos novos por zona nun total de 136 (os Responsables e Técnicos de Control e Operativa), o que fai que se eliminen netos 781 postos

En garda!!! Chegou o proxecto
Vanguardadministrativos; estas persoas, co apoio do banco, van pasar a labores comerciais e, nalgúns casos, a cubrir os postos de caixa baleiros que inda quedan, damos fe, ao longo da nosa xeografía. Na nosa territorial, o impacto deste proceso que se dá en chamar
VANGUARD, vai afectar directamente a 121 persoas, inda que se van crear 20 postos novos. O resto, maioritariamente, nun prazo de poucos meses vanse ir trasladando a labores comerciais nas oficinas que se lle asignen. Iso si, dende persoal, se lles vai chamar para ver o seu sentir ante semellante cambio na súa vida laboral.
Até aquí, o sabido. Pero queremos trasladarvos a nosa visión de todo este proceso e do impacto sobre as vidas dos nosos compañeiros e compañeiras, que para nós é o máis importante: