- Emprego
- Contratación: A contratación será en todos os casos mediante contrato indefinido, cun período de proba de 3 meses. Calquera contratación temporal dará dereito á percepción dunha indemnización de 5 días por mes traballado, que se pagará rateada en cada nómina mensual. En relación aos contratos en prácticas e de circunstancias da produción, que en moitos casos derivan en fraude de lei, queremos limitalos.
- Utilización de ETTs: Durante a vixencia do Convenio as empresas comprometeranse á non utilización dos contratos de posta a disposición. O persoal que durante os últimos anos fora contratado por medio desta modalidade, formará parte dunha bolsa para a súa incorporación ao cadro de persoal das empresas.
- Integración de traballadores e traballadoras con discapacidade: Integración inmediata do 5 % de persoas con estas características.
- Subcontratación: Gran parte das empresas están subcontratando traballo claramente bancario e incluso deslocalizando o emprego a terceiros países. Esiximos un compromiso de non externalizar máis carga de traballo durante a vixencia do Convenio.
- Formación
- Para favorecer a conciliación da vida laboral e persoal, a formación farase dentro da xornada laboral, fixándose previamente á realización de calquera acción formativa, o tempo reservado a tal fin.
- Comisión Interna Formación: Propoñemos a creación dunha Comisión Interna a nivel das empresas, na que se avalíe e deseñe toda a oferta formativa por medio de Plans de Formación, de xeito que permita que o persoal se forme e actualice favorecendo a súa carreira profesional.
- Tamén promovemos a inclusión de compromisos específicos de formación en campos recentemente lexislados como Prevención ou Igualdade e Conciliación.
- Responsabilidade Social
- Non seremos nós quen avalemos a política social dos bancos. Nin na súa relación coa clientela (que padece unhas políticas comerciais abusivas), nin cos provedores (subcontratacións incluso en terceiros países sen control), nin co seu persoal.
A vindeira reunión da Mesa desenvolverase o 20 de xullo. Seguiremos dándovos cumprida información do que nela aconteza.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario