30 de setembro de 2013

Plan Vanguard: Estudamos presentar conflito colectivo

O Plan , que impulsa o BBVA, é unha reestruturación que inclúe unha modificación substancial das condicións de traballo de carácter colectivo. Con carácter previo a adopción de medidas legais (a nosa asesoría xa estuda un conflito colectivo), temos presentado un Informe Negativo sobre os aspectos laborais deste Plan.

Curiosamente, o 25 de setembro, tivemos que entregar o informe no rexistro do banco en Madrid, xa que a dirección negouse a recibilo.

Conforme á exposición da propia empresa,
Plan Vanguard: Estudamos presentar conflito colectivo
estamos ante a decisión de eliminar postos de traballo administrativos, derivando a carga de traballo, que até o de agora realizaba persoal do banco, a unha empresa participada polo BBVA denominada . Esa decisión afecta a 781 persoas pertencentes ao Grupo Administrativo, indicando que pretende reclasificar a persoal como comercial, aínda que a empresa recoñece que deste persoal nunca fixera funcións comerciais.


O Convenio Colectivo da Banca Privada establece claramente, no Capítulo Segundo, «Clasificación Profesional», artigo 7º, a existencia de dous grupos profesionais: Técnicos e Administrativos. O artigo 9º, establece a mobilidade funcional coa limitación, entre outras, da pertenza ao Grupo Profesional. Consideramos que o BBVA está a proceder de xeito irregular, xa que estamos ante unha reestruturación que inclúe unha modificación substancial de carácter colectivo, que debería tramitarse ao abeiro do artigo 41 do [.pdf  · 1'7 Mb]. É dicir o banco debería xustificar a decisión e debería ser negociada.

Se recibes instrucións da empresa para cambiar de destino e/ou funcións, ponte en contacto inmediato cun delegado ou cunha delegada da CIG.

As instrucións deberían ser por escrito e con quince días de antelación, pero coñecendo o comportamento do BBVA, seguramente serán verbais para tratar de vulnerar os teus dereitos con total impunidade.

Dende que se che comunique o cambio, tes 20 días para recorrer a decisión.

Por último, temos que lamentar o papel da UGT, que ante este Plan de subcontratacion e modificación de condicións laborais, felicitou ao banco dicindo «BBVA se anticipa una vez más a la reconversión del sector financiero». En todas as empresas hai pelotas e servís que buscan o seu ben individual e particular, sen ningún tipo de escrúpulos. Que un sindicato non defenda aos traballadores/as e se converta en adulador non ten sentido, agás que quen falou o fixera a título individual e particular.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 130930 [.pdf • 84 Kb]


Ningún comentario: