Dende a nosa Sección Sindical denunciamos dende o inicio a ilegalidade e as consecuencias que os Proxectos Velázquez e Clima traían ao noso panorama laboral. A situación de OP+ é unha delas.
A nosa presenza no xuízo e a nosa postura de adhesión á demanda presentada pola CGT, están fundamentadas en que entendemos que temos que facer todo o que poidamos para evitar a exteriorización e salvar os 8.000 postos de traballo (400 deles na Galiza) que BBVA pretende trasladar a OP+ (ata agora levamos perdidos 3.000 no Estado e 200 na Galiza).
SITUACIÓN LABORAL EN OP+
Coa contada excepción dalgún persoal con cargos directivos ou técnicos, que si está contratado por BBVA, as 1.000 persoas que traballan en OP+ están a realizar traballos bancarios por conta de BBVA, pero BBVA lles paga polo Convenio de Oficinas e Despachos da provincia de Málaga, como podedes supoñer, nunhas condicións moi inferiores ao de Banca.
OP+ está a funcionar como unha empresa interposta, polo que apoiamos a demanda na que se reivindica o dereito dos traballadores e traballadoras de OP+ a formar parte do cadro de persoal de BBVA ou, subsidiariamente, que lles sexa de aplicación o Convenio de Banca.
OP Plus está no Parque Tecnolóxico de Andalucía en Málaga, que foi creado con cargo a fondos europeos. Diñeiro público utilizado para destruir emprego fixo de calidade creando emprego temporal en precario.
RELACIÓNS DE OP+ CON CLIENTES E ENTIDADES
A empresa perde a credibilidade ao afirmar que OP+ é unha empresa independente porque fai traballos para máis empresas que BBVA, cando ditas empresas non son outras que Finanzia e Uno-e, que, como xa é sabido, pertencen ao grupo BBVA.
Por outra banda, tanto CIG como CGT aportaron proba documental e testifical durante o xuízo na que aparece o nome de BBVA en cartas dirixidas a clientes coa dirección de OP+, sen que o nome desta empresa apareza en ningún momento.
Asemade, cara a outras entidades e, en ocasións relacionado con operativa que legalmente só pode ser realizada por entidades bancarias, aparece a oficina 6252 como de BBVA, correspondéndose coa ubicación da sede de OP+ en Málaga e non cunha oficina “real” do BBVA.
Tamén no condicionado necesario para a apertura dun crédito documentario, BBVA sinala como lugar para recepción de documentos a dirección de OP+ (que segundo eles é unha empresa independente), como se fora unha dependencia propia do banco como, por outra banda, debe ser segundo a Lei.
As probas documentais aportadas foron apoiadas por testemuñas como a do noso compañeiro Luciano Luxilde, quen ilustrou a obriga legal de que sexa un banco e non outro tipo de entidade quen realice as operacións relativas a créditos documentarios.
EN ESPERA DA SENTENZA
Co silencio cómplice das Seccións Sindicais de CC.OO e UGT en BBVA como telón de fondo (xa que estando citadas non compareceron), o xuízo quedou visto para Sentenza.
Temos a certeza de que, se é favorable ao persoal, será recorrida, e somos conscientes das moitas presións que leva consigo un xuízo coma este, pero queremos deixar constancia de que independentemente do resultado deste xuízo, a Sección Sindical da CIG vai seguir loitando contra a redución de postos de traballo en BBVA, e contra a contratación de persoas en condicións de precariedade laboral mediante empresas interpostas ou calquera outro truco que se lles ocorra, nos Xulgados, na rúa ou onde sexa preciso.

➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario