As grandes empresas subministradoras de servizos e bens, continúan coa carreira incansable por deslocalizar os postos de traballo a terceiros países. En moitos casos obrigan á clientela a falar español, negándolle a atención en galego; así poden atender dende fóra (América Latina, Marrocos… etc.).
Nós queremos que as persoas sigan traballando aquí, por iso temos en marcha unha campaña para demandar que se recoñeza por Lei o dereito da clientela a ser atendida en galego, e para concienciar á sociedade da importancia de reconquistar para o galego o espazo de relación entre empresas e clientela.
Podes colaborar a título persoal reclamando como clientela e espallando nos teus círculos sociais a campaña polo dereito á atención en galego.
Tamén sairemos o 17 de maio á rúa apoiando as mobilizacións convocadas por «Queremos galego».
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario