As grandes empresas subministradoras de servizos e bens, continúan coa carreira incansable por deslocalizar os postos de traballo a terceiros países. En moitos casos obrigan á clientela a falar español, negándolle a atención en galego; así poden atender dende fóra (América Latina, Marrocos… etc.).
Nós queremos que as persoas sigan traballando aquí, por iso temos en marcha unha campaña para demandar que se recoñeza por Lei o dereito da clientela a ser atendida en galego, e para concienciar á sociedade da importancia de reconquistar para o galego o espazo de relación entre empresas e clientela.
