Amosando publicacións coa etiqueta letras-galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras-galegas. Amosar todas as publicacións

15 de maio de 2015

Queremos atención en galego, 
queremos traballo aquí

As grandes empresas subministradoras de servizos e bens, continúan coa carreira incansable por deslocalizar os postos de traballo a terceiros países. En moitos casos obrigan á clientela a falar español, negándolle a atención en galego; así poden atender dende fóra (América Latina, Marrocos… etc.).

Nós queremos que as persoas sigan traballando aquí, por iso temos en marcha unha campaña para demandar que se recoñeza por Lei o dereito da clientela a ser atendida en galego, e para concienciar á sociedade da importancia de reconquistar para o galego o espazo de relación entre empresas e clientela.

Queremos atención en galego, queremos traballo aquí!
Falando galego creamos emprego!

14 de maio de 2011

Galego, a nosa razón de ser

Paremos os ataques contra o galego!

A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama a toda a sociedade galega a seguirse mobilizando en defensa da nosa lingua e da nosa cultura propias este vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galega, desta volta mediante a metodoloxía da «mobilización expansiva»: concentracións simultáneas no maior número posíbel de localidades galegas, e tamén no exterior.