14 de xullo de 2008

Solucionando problemas

Cuartos de paga SEN MINGUA

Como xa vos comentaramos no comunicado de outubro de 2007 «Cuartos de paga minguados», tiñamos reclamado ante a empresa o cálculo que fixeran do cuarto de paga que comezaran a pagar o ano pasado para o persoal procedente de . Como é habitual, nin por escrito nin de palabra, quixeron admitir que non levaban razón.
Nembargante, a recoñeceu que se debe computar toda a antigüidade do colectivo afectado, e non só a contada dende a fusión.

O sindicato vasco LAB, presentou varias demandas individuais de execución da dita sentencia e na CIG tamén as tiñamos preparadas para presentar. No Acto de Conciliación que marca a Lei, non houbo avinza por parte da empresa, quen insistía en ter ben feito o cálculo.

Chegados a este punto, BBVA debeu estudar un pouco máis o tema, e reflexionar sobre a pésima imaxe que está a dar ante todo o persoal e, en particular, ante un dos colectivos de procedencia máis prexudicados dende a fusión. Ademais en moitos dos casos, as cantidades que BBVA estaba a aforrar eran ridículas.
Como máis vale tarde que nunca, aledámonos de que ao fin BBVA RECOÑEZA O DEREITO DE TODOS OS COLECTIVOS A COBRAR OS CUARTOS DE PAGA SEN A MINGUA, E DE QUE VAIA A ABONAR O QUE AFORROU O ANO PASADO.
Disque rectificar é de sabios… a ver se non é un caso illado.

Novo entorno informático: Bloqueando terminais

Respecto ao novo entorno informático que deixa toda a nosa información persoal ao pairo de que calquera lle bote man, sabede que a UTRH tivo a ben contestar ao noso requirimento de información sobre o tema, e comunicounos cal é a solución, insistindo en que a mesma ía ser divulgada rapidamente para que se comezara a utilizar.
Como con todos estes temas, xa pasaron case dúas semanas, e como eles non informan… pois o facemos nós:
Pulsade as teclas CTRL + ALT + SUPR, e do menú que vos aparece pulsade en BLOQUEAR.
Deste xeito, só con meter de novo a clave, o terminal volverá a estar operativo, e non hai necesidade de pechar a sesión, polo que pode usarse no servidor.
Pero non é a solución perfecta, xa que o bloqueo só admite a clave de quen bloqueou polo que no intervalo ninguén poderá usar o terminal. Sabemos, por exemplo, que esta solución non vale para caixa… sacade as vosas propias conclusións.

Agosto: Rebaixa de oficinas

Por último unha pequena referencia de novo ao problema que teremos no mes de agosto. Segundo nos comunicaron existe un manual do que polo de agora non coñecemos o contido, xa que a Empresa non tivo o detalle de facérnolo chegar, no que se marcan as pautas de actuación para o mes de agosto nas oficinas afectadas polo peche.
Ao parecer, as fichas de firmas van ser trasladadas á oficina que quede aberta. Pensarán facer o mesmo cos expedientes?
Contamos coa vosa colaboración para que nos contedes como se levan a cabo as preparacións das rebaixas no número de oficinas, e é que este verano promete…


TEMOS UN HORARIO, UNHAS NORMAS E UNS DEREITOS
CUMPRÍDEOS E FACÉDEOS CUMPRIR


Nós seguimos na loita.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: