17 de setembro de 2008

Auditoría e cambio climático

Como xa saberedes, a Auditoría está a traballar sen descanso nestes últimos meses. O certo é que non é unha queixa nova pola nosa parte salientar a cantidade de malas prácticas bancarias que teñen lugar na operativa diaria, motivadas sobre todo por causas non imputables ao persoal:

  1. Descoñecemento da normativa vixente, o que se agravou e nunca corrixiu tralas fusións
  2. Desactualización da norma, que complica innecesariamente os procesos cando hoxe se dispón de medios que non se aproveitan
  3. Falla de formación nestes aspectos do persoal de nova incorporación e temporal. Problema que existe dende hai moito, pero que se agrava nestes días pola proliferación de contratos temporais
  4. Falla de concienciación e motivación na importancia destes aspectos dende a cadea de mando e a política da empresa
  5. Escaseza de persoal e presión comercial, que fan que primen outros aspectos sobre o cumprimento de normativa

A realidade é que en calquera oficina se cometen erros que Auditoría considera como graves, e que poden quedar reflectidos no expediente de cada quen: por exemplo, o uso indiscriminado da clave dun apoderado; non fotocopiar o DNI do cliente/a cando é preceptivo segundo a norma; non contabilizar unha diferenza de caixa o mesmo día que se produce, e un inacabable etcétera.

Nun intre como o que estamos a vivir, no que BBVA anda a procura de voluntarios/as para abandonar a empresa, estes erros poden supor a diferenza entre quedar como estamos ou unha oferta de baixa voluntaria difícil de rexeitar, aínda que se fagan por descoñecemento ou a intención aos cometer sexa dar un máis áxil servizo ao cliente/a ou atender ás presións do xefe/a de turno.

O noso consello é polo tanto:

  • Seguide as normas escrupulosamente. É a nosa obriga. Lembrade que temos unha relación da normativa de caixa, que debedes ter a man, na nosa páxina no taboleiro da CIG no apartado de seguridade co título «Coherencia nas Caixas»
  • Se sufrides presións dalgún superior/a por seguir a norma: que asine e que asuma a responsabilidade e, por suposto, podedes recorrer a nós
  • Se o cliente/a non está de acordo, pode reclamar: sede atentos/as, pero non esquezades que o cliente/a non poderá devolvervos o posto de traballo




  • ➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





    Súmate a CIG! Afíliate!
    Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
    Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]






Ningún comentario: