2 de novembro de 2018

Denunciamos ante Inspección o Pool de baixo desempeño

Ante a continuidade na opacidade e o perverso emprego desta «ferramenta estratéxica» de xestión de RR.HH, temos presentado á Dirección da empresa varias solicitudes para que se dea por rematado o devandito «Plan de Mellora». Dado que non tivemos contestación, interpuxemos denuncias ante a Inspección de Traballo das distintas provincias.

A Representación Legal dos Traballadores e Traballadoras nunca foi informada, e a constatación da inclusión no «Pool» de persoal con doenzas graves, persoas que cumpren os obxectivos, mulleres con redución de xornada, persoal que concatena a súa inclusión por varios anos (ate catro seguidos) orixinándolles baixas psicolóxicas…, levounos a solicitar o amparo á Autoridade Laboral.

Demandamos tamén a eliminación dos «Semáforos», por ser un elemento de elevado estrés para o cadro de persoal. Requirimos que o BBVA inclúa nas avaliacións de riscos laborais a medición dos ritmos de traballo/carga de traballo en todos os postos, sen que se poida incrementar a carga de traballo en tanto non se realice esta avaliación, así como a realización de medicións de tempos coa participación sindical, para garantir que a carga de traballo de cada posto poda ser realizada dentro da xornada laboral e dos horarios pactados.

19 de outubro de 2018

Uns menten e outros non se decatan 
Acordo Contigo: 

Máis do 60 % poderán traballar polas tardes

Con extrema rapidez, o pasado día 8, na segunda xuntanza da mesa negociadora, asinouse o Acordo colectivo que regula as condicións para BBVA  unha vez que o banco presentou a súa proposta. Non está na liña do asinado por CC.OOUGTACB para xornadas partidas noutras entidades; este é o peor acordo do sector (haberá que preguntarlles porque asinaron outros mellores en entidades como ou ).

Rexeitamos un acordo que permitirá obrigar a traballar polas tardes a máis do 60 %&nbspdo cadro de persoal, toda vez que o 25 % do que falan non substitúe, senón que se engade aos horarios especiais vixentes. Mágoa non atopar apoio á nosa proposta, na que defendiamos a medición da carga de traballo para que poida ser cumprida dentro da xornada laboral, e non hai sistemas de control. Polo que ese acordo, ao igual que outros, asine quen os asine, xa foi feito para ser incumprido. Supón poder incorporar a Contigo e, polo tanto, pasar de xornada continuada a xornada partida, a máis de 5.000 persoas, superando o límite actual do 5 %&nbspdo persoal a un 25 %&nbspsó para ese colectivo.

Onde quedaron as liñas vermellas tan anunciadas polos asinantes de non superar o 10 % do cadro de persoal?
Só iso xa suporía duplicar de súpeto o número de persoas de Contigo con xornada partida. E aceptaron quintuplicalo.
Onde foron as súas elocuentes reivindicacións dos 3 meses de xornada continuada de «verán», do complemento salarial (incremento bruto de 64,90  /mes non pensionable)…?

Incluso teñen a ousadía de «vender» como melloras aspectos que non o son, e dereitos xa existentes. Na carreira profesional (sen efectos retroactivos, aínda máis inxusto para quen xa está no colectivo) as e os Xestores de Banca Persoal e PAES son forzas de venta especializada con Nivel 8 xa como mínimo, a voluntariedade e o desestimento (incluso empeorándoo, pasando dun prazo de 1 a 3 meses), a axuda alimentar, o horario da Semana de Festa Maior (por convenio colectivo)…

No caso dos e das Xestoras Comerciais consolidarán o Nivel 8 cando leven 4 anos en Contigo (sen retroactividade) e só se teñen xa o Nivel 9. Poderán pasar até 16 anos (4 deles en Contigo) até acadar o Nivel 8.

Mais como o acordo é «moi bo» segundo os asinantes, non temos ningunha dúbida de que as primeiras en solicitar a incorporación ao serán as persoas integrantes da representación sindical e a afiliación deses sindicatos que agora teñen a xornada xeral continuada.

18 de outubro de 2018

Informe especial Decreto MIFID

Aprobada a transposición da Directiva Europea 65/2014 da MiFID

O Goberno desaproveita a oportunidade para poñer couto aos escándalos da banca

O pasado 28 de setembro o Goberno do Estado aprobou o Real Decreto Lei 14/2018 polo que se realiza a transposición da MiFID, que entrou en vigor o 10 de outubro de 2018. A MiFID supón unha reconversión en toda regra, que ten un gran impacto en todas aquelas persoas que traballamos no sector financeiro.
Os problemas da MIFID non son só as complexas e inútiles formacións
Os problemas da MiFID non son só as complexas e inútiles formacións.

 

DESPOIS dos sucesivos escándalos comerciais protagonizados pola banca e ante un novo modelo bancario máis especulativo, que bebe do modelo da banca de investimento e que pretende transformar aos aforradores e aforradoras en investidores, dende a CIG Banca viñamos demandando a adaptación desta normativa e entendemos que era unha obriga sindical prestar especial atención a este Real Decreto (RD).

Houbo que agardar a que a Comisión Europea interpuxese unha demanda contra o Reino de España no Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), por non ter realizado a obrigatoria transposición desta norma, para que o novo Goberno decidira aprobala a través dun RD.

No ano 2016 advertiamos que o mantemento dun tipos de xuros artificialmente baixos levaba a un estreitamento das marxes financeiras, polo que os bancos estaban levando adiante agresivas políticas comerciais, para derivar os aforros da clientela cara a produtos financeiros de investimentos que devirían en perdas para os aforradores e aforradoras, garantíndose os bancos o cobro de comisións.

Hoxe o tempo deunos a razón, a maior parte dos fondos de investimento acumulan rendibilidades negativas (perdendo a clientela minorista parte dos seus aforros). A contratación deste tipo de produtos, das propias entidades, non responde a unha demanda da clientela senón a unha oferta agresiva por parte da banca.

Unha vez analizado o RD, elaboramos un que vos facemos seguir ao tempo que o presentamos en rolda de prensa para denunciar que nos sobrecarga de burocracia, nos obriga a certificacións inútiles nas que sacrificamos o noso tempo, asumimos responsabilidades polas políticas comercias (malia que somos vítimas delas), e sen que todo isto sirva para protexer á clientela.

Nos vindeiros días daremos novos pasos con actuacións a distintos niveis, para denunciar o que supón esta normativa para o persoal dos bancos, e para demandar dos distintos gobernos modificacións e toma en consideración de cuestións que non foron abordadas e resultan cruciais polo noso ben e seguridade no día a día, e polo ben da nosa clientela.

Os bancos cambian, as direccións tamén, e o que todas e todos queremos manter é a confianza da clientela, que é a que nos dá de comer traballemos na entidade que traballemos, nos mande quen nos mande, e fagamos rico a quen fagamos.

27 de setembro de 2018

Atención: o banco quere aproveitar a negociación Contigo para acabar co horario continuado

Na reunión que se mantivo o día 20 de setembro de inicio da do Colectivo , sorprendeunos a falta de concreción da proposta do Banco, que non entregou ningún documento por escrito sobre cales son as súas intencións.
O que si que está claro é que a aceptación do Banco a negociar o tema dos Contigo responde ao feito que está en falso no que se refire aos límites acordados da porcentaxe do cadro de persoal que pode facer horario partido (actualmente estipulado nun 5 %) e que claramente sobrepasa.

Que intencións ocultas ten o Banco?

O Banco aceptaría algunhas melloras sobre as condicións do Colectivo, pequenos logros sen grandes pretensións, pero a cambio pretende eliminar os límites actuais acordados de persoal con horario partido e deixalo aberto á voluntariedade (?). Sen unha limitación pactada, poñemos en risco a xornada continuada do resto do persoal amparado actualmente polo propio .

25 de setembro de 2018

É imposible chegar a un acordo de horarios con quen os incumpre habitualmente



  Concentración da CIG–Banca en 2017 contra a fraude das horas ilegais.
  Imaxe: CIG (cc) BY-NC-SA

O BBVA incumpre reiteradamente os horarios pactados, os sindicatos non deberiamos aceptar excepcións aos horarios cando estes non se cumpren, pero aínda menos propoñer medidas que podan facilitar a fraude.