Unha vez máis as traballadoras e traballadores dos bancos en Galiza demos unha lección de dignidade secundando masivamente a xornada de folga en defensa dun convenio xusto, sendo un dos territorios do Estado (xunto con Euskadi e Levante), nos que a FOLGA foi secundada por máis dun 80 % do persoal.
AEB di agora que a súa vontade é negociar e chegar a un acordo, pero os feitos non se corresponden co manifestado. Establecer unha nova xuntanza da mesa para dentro dun mes (23 de abril) non amosa preocupación por resolver o conflito. Máis ben parece unha estratexia de desgaste para que o paso do tempo inflúa no persoal e este dea por perdida a batalla.
Non contan con que o persoal xa fixo o máis difícil: dar o primeiro paso, demostrando que estamos dispostos e dispostas a continuar unidas para loitar polo que é de xustiza. Ese é o camiño, a patronal ten que saber que seguiremos coas mobilizacións.
Loitamos por un convenio xusto, para recuperar e manter o poder adquisitivo, para acabar coa presión e acoso comercial e para reducir a carga de traballo.
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
http://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
http://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario