
Unha vez máis as traballadoras e traballadores dos bancos en Galiza demos unha lección de dignidade secundando masivamente a xornada de folga en defensa dun convenio xusto, sendo un dos territorios do Estado (xunto con Euskadi e Levante), nos que a FOLGA foi secundada por máis dun 80 % do persoal.
AEB di agora que a súa vontade é negociar e chegar a un acordo, pero os feitos non se corresponden co manifestado. Establecer unha nova xuntanza da mesa para dentro dun mes (23 de abril) non amosa preocupación por resolver o conflito. Máis ben parece unha estratexia de desgaste para que o paso do tempo inflúa no persoal e este dea por perdida a batalla.