Amosando publicacións coa etiqueta folga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta folga. Amosar todas as publicacións

11 de abril de 2024

A loita por un CONVENIO XUSTO continúa!!

A Loita debe continuar!

Desde o principio da negociación deste convenio, sabiamos que a patronal AEB se resistiría a mudar as dinámicas que nos trouxeron ata aquí, con convenios que na última década só contribuíron a empeorar as condicións salariais e laborais do conxunto do persoal, adaptados ás súas necesidades, froito da imposición que non da negociación.

O conxunto das traballadoras e traballadores dos bancos fomos quen de amosar que a nosa disposición á loita para mellorar as nosas condicións de traballo é inequívoca. O éxito das dos días 26 e 29 de febreiro e da folga do 22 de marzo, dan testemuño desa determinación.

Obedecendo a unha estratexia da patronal de diluír o conflito no tempo, tratando de desinchar os ánimos, a próxima xuntanza de convenio está prevista para o xoves 25 de abril. Desde a CIG entendemos que non podemos nin debemos paralizarnos ante esta artimaña, senón que temos que lanzar unha mensaxe alta e clara aos bancos, recordando que o conflito segue vivo e que non mudou nada nas nosas reivindicacións e disposición a loitar para conseguilas.

25 de marzo de 2024

22 de marzo: seguimento masivo da FOLGA nos Bancos AEB en Galiza

A mobilización no día da folga, o 22 de marzo en Galiza

Unha vez máis as traballadoras e traballadores dos bancos en demos unha lección de dignidade secundando masivamente a xornada de folga en defensa dun convenio xusto, sendo un dos territorios do Estado (xunto con Euskadi e Levante), nos que a foi secundada por máis dun 80 % do persoal.

AEB di agora que a súa vontade é negociar e chegar a un acordo, pero os feitos non se corresponden co manifestado. Establecer unha nova xuntanza da mesa para dentro dun mes (23 de abril) non amosa preocupación por resolver o conflito. Máis ben parece unha estratexia de desgaste para que o paso do tempo inflúa no persoal e este dea por perdida a batalla.

21 de marzo de 2024

A patronal INCUMPRE a súa palabra

Hoxe a patronal AEB presentouse na mesa de convenio cunha nova proposta de mínimos. Falando dunha suba salarial en catro anos do 10 %. E cunha cláusula de garantía salarial referenciada o IPC para aplicar ao final da vixencia do convenio, e topada no 2 %. Sen valorar outras materias de convenio.

Dende a CIG manifestamos na mesa que seguimos mantendo a nosa prioridade de recuperación do poder adquisitivo perdido e mantemento a futuro.

Ante este pulso da patronal, ás portas dunha xornada de folga, ás traballadoras e traballadores de sector non nos queda outra que responder a este envite. Dixémolo desde un principio, a CIG estaremos en todas as mobilizacións que se convoquen para defender os dereitos das traballadoras e traballadores do sector, tamén na do 22 de marzo.

4 de marzo de 2024

Folga na banca en Galiza 29F

O pasado 29 de febreiro, na mesa de convenio, manifestamos que a folga en si non é un fin, é un medio que temos as traballadoras e traballadores para conseguir os nosos obxectivos. Neste caso, que a patronal AEB negocie e non impoña, que fagan UNHA PROPOSTA SERIA E ASUMIBLE.

O apoio á folga en Galiza foi moi amplo, coa maioría das oficinas do sector pechadas, e centos de compañeiras e compañeiros manifestándonos na Coruña por un convenio xusto. Sen siglas e sen bandeiras: o protagonismo da folga foi das traballadoras e dos traballadores, e quen convocamos esta folga seguimos apostando por esa unidade, de todas e todos.

Manifestación na Coruña o xoves 29 de febreiro

As bancarias e bancarios berramos alto e claro, polas rúas da Coruña, que rexeitamos os novos recortes que propón a patronal e a presión comercial á que nos someten no noso día a día. Non imos consentir que sigamos perdendo salario e dereitos.

28 de febreiro de 2024

Tod@s xunt@s e unid@s na folga amais da manifestación na Coruña, o 29 de febreiro

Manifestación na Coruña dende a Praza de Vigo o 29 de febreiro de 2024

O que era o teu problema: chegar cada vez peor a fin de mes, ter sobrecarga de traballo, tomar medicación para poder ir traballar, AGORA tamén é un problema dos bancos. Terán que NEGOCIAR para resolvelo.

O motor do cambio somos todas e todos. A nosa unión permitirá que se NEGOCIEN medidas salariais (para que suban os salarios acorde co custe da vida), que se fale de horarios e conciliación (a ampliación da mobilidade xeográfica non favorece esa conciliación) e que se tomen medidas para mellorar o clima laboral e protexer a nosa integridade física e mental, que poñan freo á presión e acoso comercial.

Formalmente as son convocadas polos sindicatos, pero quen fan as folgas son os traballadores e traballadoras. A folga foi convocada con tempo suficiente para que os compañeiros e compañeiras, que sodes e seredes os protagonistas, falásedes entre vós. Mañá, 29 de febreiro, pararemos masivamente.

22 de febreiro de 2024

Detrás desta pancarta cabemos todas as persoas que traballamos nos Bancos—AEB

Traballadoras e traballadores de Bancos AEB en Folga
Pola recuperación do Poder Adquisitivo
Contra a Presión e o Acoso Comercial
Pola redución da Carga de Traballo e Recuperación do Emprego

As organizacións que convocamos a do 29 de FEBREIRO, CIG, ELA, Intersindical–CSC e SEC–BBVA, asumimos publicamente un compromiso e o cumprimos: sería sen siglas, a e as reivindicacións son as do cadro de persoal.

Por iso a pancarta da manifestación que sairá ás 11:30 h. dende a Praza de Vigo (A Coruña) non leva siglas, nin levaremos bandeiras.

Esta folga ten poucos precedentes no sector, agás a folga dos compañeiros e compañeiras de o pasado 11 de xaneiro; habería que remontarse ao 1983, data da última folga no sector de banca, demandando melloras nas condicións laborais. É unha folga gañada a pulso pola patronal bancaria, pola súa falta de empatía co persoal que día a día se esforza até o límite.

Os BENEFICIOS HISTÓRICOS son grazas a un cadro de persoal que está extenuado, esgotado, mal pagado e sometido a unha presión sen límites, nada lles chega. Un modelo insostible que faremos que cambie. Chegou o momento de negociar, o balón está no seu aleiro.

15 de febreiro de 2024

Motivos (salariais) para ir á FOLGA o 29 de FEBREIRO

CIG, ELA, I-CSC, SEC

2021.— Mentres ti perdías poder adquisitivo, incrementouse nun 73 % o número de altos directivos de banca española que cobran máis de 1,000.000 de euros ao ano.

2022.— Mentres ti perdías poder adquisitivo, os salarios dos Directivos da banca española subiron un 8 %.

2023.— Á espera de coñecer os datos salariais, os beneficios medraron un 25,6 %.

2024.— Os bancos da AEB están a ofertar no unha suba do 8 % en 4 anos e sen garantir o IPC.

O salario medio en banca é de 45.430 euros; en Madrid de 60.800 euros; en Galiza é de 35.680 euros. Cobramos un 21 % por baixo da media estatal e un 41 % menos que en Madrid.

Están acostumados a recortar salarios sen oposición, pretenden un novo recorte inxusto, inxustificado e inmoral.

7 de febreiro de 2024

Non nos equivocamos

AEB está profundamente adoecida e ofendida porque os sindicatos decidimos dar unha resposta contundente á súa posición de inmobilismo. Mais ao mesmo tempo, responden á convocatoria de e paros cunha proposta que en nada mellora a que presentaron na mesa o pasado 15 de decembro.

Mentres os beneficios da gran banca medraron un 50 % respecto ao exercicio anterior, o mesmo día que o Goberno revaloriza o Salario Mínimo Interprofesional nun 5 %, presentan unha proposta de suba salarial dun 8 % para catro anos de convenio (2024—2027).

 
2024 2025 2026 2027
2,75 %  2,25 %  1,50 %  1,50 % 

Nada din do 15 % de perda de poder adquisitivo acumulada nos últimos convenios, obviando tamén que o IPC pechou en decembro no 3,10 %, e en xaneiro de 2024 chegou o 3,40 %. 

Ao tempo que na mesa de pretenden xustificar a súa proposta cun escenario de incerteza para os próximos exercicios, as cúpulas directivas dos grandes bancos anuncian as súas previsións de mellorar este ano os beneficios de 2023.

A súa postura está clara, non queren compartir co persoal os inxentes beneficios que están acumulando, e pretenden continuar na súa escalada de perda de dereitos e empeoramento do clima laboral con políticas comerciais asfixiantes.

Seguen teimando na ampliación da mobilidade xeográfica forzosa a 50 km. e fan ouvidos xordos ao clamor do persoal, que se sente maltratado.

A actitude da patronal é a que nos leva ao conflito. Se alguén tiña dúbidas, xa se disiparon. Lonxe de intentar apagar o lume, aínda botan máis leña cunha proposta que non responde a realidade económica do sector, e obvia o que é de xustiza recoñecendo os sacrificios feitos polo persoal nos últimos convenios.

6 de febreiro de 2024

Convocatoria de FOLGA nos bancos AEB o 29 de febreiro

CIG, ELA, I-CSC, SEC
mobilización

Os sindicatos CIG, ELA, SEC–BBVA e a Intersindical–CSC aprobamos a convocatoria conxunta de para o próximo 29 de febreiro. Agardamos poder seguir sumando a outros sindicatos na convocatoria. Para avanzar na consecución de melloras no convenio é necesaria a mobilización de todos e todas xa, non podemos agardar á véspera da semana santa para dar este paso, o deterioro das condicións laborais e o clima laboral tóxico así o exixen.

Os grandes bancos AEB acaban de publicar, repetindo a proeza de 2022, uns beneficios históricos, prometendo máis para este exercicio; non podemos deixar pasar este momento para negociar e recuperar dereitos.

É agora ou nunca!

Queremos unidade de acción, porque así nolo pedides vós; e por iso, dirixirémonos ao resto de sindicatos con representación na mesa de convenio para que se adhiran a esta convocatoria. Compartimos a necesidade de convocar folga no sector, pero debe ser o antes posíbel, non podemos seguir soportando máis desprezos da patronal. A prol desa unidade, as organizacións promotoras desta convocatoria manifestamos a nosa intención de apoiar os paros parciais anunciados para o día 26 de febreiro polos sindicatos estatais, mais sen perder de vista o noso principal obxectivo, a do 29 de febreiro.

Sen siglas, sen bandeiras, sen protagonismos estériles das organizacións convocantes. Será a folga do conxunto de traballadores e traballadoras dos bancos. A unión de todos e todas nós, traballadoras e traballadores nos bancos, será a que obrigue á patronal a unha negociación real e non a impoñer as súas condicións.

Se queremos recuperar poder adquisitivo, se queremos poñer freo á presión comercial desmedida, se queremos acabar coas pretensións da patronal AEB de máis recortes e precarización do traballo bancario… a FOLGA é a resposta!

1 de febreiro de 2024

Convocatoria conxunta de folga na banca

CIG, ELA, I-CSC, SEC

É o momento de recuperar salarios e reducir xornadas. Estamos a traballar nunha CONVOCATORIA DE FOLGA NA BANCA porque ou o conseguimos agora que os bancos teñen beneficios históricos ou nunca.

A situación actual que vivimos é insostible: moitos anos de perda de poder adquisitivo, recortes salariais e de persoal, mil horarios fóra de (sen ningún tipo de control efectivo, que fan imposible a conciliación), presión comercial sen límite…

A iso engádese a propia posición da AEB na mesa do Convenio onde, a pesar dos beneficios históricos do sector, insiste nas súas rañicas propostas que precarizarán aínda máis nosas condicións: novos recortes e medidas lesivas para o persoal (subidas salariais por baixo de IPC, supresión de trienios, mobilidade xeográfica ata 50 km, etc).

As organizacións CIG, ELA, SEC–BBVA e a Intersindical–CSC, coincidimos na necesidade de convocar folga entre a segunda quincena de febreiro e a primeira quincena de marzo. A nosa decisión é firme e clara, haberá convocatoria de e así llo trasladaremos ao resto da representación sindical estatal, para que teña o máximo apoio posible. E farémolo cunha única premisa: a convocatoria debe ser aberta, sen siglas, sen bandeiras, nin protagonismos estériles. Nós, os sindicatos, debemos ser a ferramenta que permita ao persoal contestar e facer fronte colectivamente a estes recortes e á presión comercial desmesurada.

16 de xaneiro de 2024

Chegou o momento de valorar a convocatoria de FOLGA no resto de bancos

Sufrimos recortes salariais brutais, os bancos pretenden manter indefinidamente medidas tomadas durante a crise financeira malia que agora ten beneficios históricos, hai mil horarios á marxe do , os obxectivos soben exponencialmente e a presión para conseguilos cada vez é maior.

Aínda por riba, no convenio a AEB mantén unha posición intransixente, cunha proposta salarial que implica outro recorte. E non só iso, pretenden implantar o desterro comercial, poder trasladarnos a 50 km (100 diarios ida e volta) a capricho, por non cumprir obxectivos.


Mobilización da CIG na Coruña

10 de xaneiro de 2024

AEB non se move

A patronal AEB, a pesar do rexeitamento da súa proposta por parte de todas as organizacións con presencia na mesa, acudiu a última reunión cos mesmos prantexamentos, sen cambiar nin unha coma.

Desde a CIG manifestamos na reunión que a patronal non pode seguir instalada na súa pretensión de recorte salarial e de dereitos. O conxunto das persoas que traballan no sector teñen que ser partícipes dos bos resultados conseguidos e dos que están por chegar, do mesmo xeito que soportaron os efectos da crise e os EREs.

A ampliación da mobilidade xeográfica que propoñen é unha medida que profundiza no recorte de dereitos e precariedade, e ten un coste económico importante para as persoas que se podan ver afectadas. Ao tempo que pode ser empregada polas empresas, de forma arbitraria, como medida de presión. Ademais no ámbito galego é moito máis lesiva, tendo en conta que temos un transporte público deficitario e unha orografía complexa.

26 de decembro de 2023

A folga en Abanca é a nosa folga

É hora de recuperar os salarios e os horarios perdidos

As traballadoras e traballadores de irán á folga o próximo 11 de xaneiro, nunha convocatoria da CIG e ASCA. A súa loita é a nosa e os bancos da AEB deberían tomar nota na negociación do Convenio.

As reivindicacións da en Abanca buscan dar resposta a unha problemática que é específica dese banco, pero que en moitos aspectos é común ao que sufrimos no resto dos bancos.

23 de novembro de 2022

Obrigamos á patronal a sentarse, pero o conflito debe continuar se non hai cláusula de revisión

No ano 2020 perdemos salario, en 2021 perdemos salario, en 2022, perdemos salario e, conforme aos Organismos Públicos, en 2023 e 2024 perderemos salario. Que a AEB se abra a negociar, non implica que se evite a sangría salarial, que se recupere o perdido e se impida perder máis durante a vixencia do .

Como todos e todas sabedes a CIG reclamou, tanto dos distintos bancos, como da propia AEB unha actualización dos salarios. Ante a súa negativa comezamos mobilizacións a principio de ano, . Nos últimos meses comezamos a tratar de ampliar a fronte contra os recortes, tendo contactos con outros sindicatos que non aceptaron os recortes no Convenio, co obxectivo de lanzar unha convocatoria de .

19 de outubro de 2022

A folga debe ser dos cadros de persoal, sen siglas sindicais

As folgas vividas o ano pasado en distintos bancos son un exemplo; sabemos que será un éxito se é unha folga dos traballadores e traballadoras, evitando o protagonismo estéril dos sindicatos e máis en pleno proceso electoral.

Nese senso, tal e como dixemos, apostamos pola unidade pero, se esta non é posible, a CIG será unha mera ferramenta. Se non é conxunta comprometémonos a que non haberá siglas, só figurarán naquelas cuestións mínimas legalmente esixibles.

A perda de poder adquisitivo é no entorno do 15%, cando o máis duro do inverno está por vir. Mentres a suba dos xuros, incrementará os beneficios da banca nun 44 %. 

13 de outubro de 2022

Chegou o momento de ir á FOLGA,  
temos dereito a defendernos colectivamente!!!

A perda salarial aféctanos a todos e todas; golpea especialmente aos compañeiros e compañeiras novas, que teñen salarios precarios nun sector con beneficios multimillonarios. Que dicir dos privilexios vergoñentos e inxustificados das cúpulas directivas.

Para a CIG esta situación límite só pode ter unha resposta, a convocatoria dunha FOLGA. Se soben os prezos teñen que subirnos o salario e dicímolo cando nos queda por afrontar un duro inverno. Lanzamos a proposta, aberta ao conxunto dos sindicatos do sector.

As posicións da AEB e CECA nos «observatorios», son unha tomadura de pelo. A culpa tamén é de quen acepta ese marco ilegal de negociación, excluíndo a unha parte dos sindicatos lexitimados legalmente para negociar.

1 de xuño de 2021

TODOS e TODAS á FOLGA o 2 de xuño: Se hai despedimentos, hai CONFLITO!

ERE—BBVA · Período de consultas

Folga 2 de xuño no BBVA Non ao ERE no BBVA

A empresa, despois da reunión de hoxe, segue sen modificar dúas cuestións que son principais:

  • Un 50 % dos despedimentos serán de menores de 50. Malia que con carácter xeral e nomeadamente a nivel galego, é posible e teñen menor custe social e económico as prexubilacións.
  • Non hai voluntariedade, toda vez que se reserva decidir a quen despedirá e, ademais, mantén o criterio de «produtividade», que é totalmente subxectivo.

Na reunión indicou que a mobilidade xeográfica afectará as 11.244 persoas potencialmente afectadas polo Expediente; quere dicir que trasladará a quen non acepte marchar «voluntariamente». E fixo a seguinte proposta:

31 de maio de 2021

2 de XUÑO: FOLGA no BBVA e MANIFESTACIÓN na Coruña

CC.OO - ACB - CGT - UGT - SEC (cic) - CIG - ELA - SCAT

Despois da masiva participación nas sucesivas mobilizacións dos últimos días, e ante a actitude inamovible do Banco, os sindicatos decidimos seguir dando contestación na rúa, porque contamos co voso apoio. Temos que seguir mobilizándonos, demostrándolle á empresa que non pode haber despedimentos, que neste banco todas e todos somos necesarios.

27 de maio de 2021

MANTEÑAMOS A PRESIÓN: Todos e todas ao PARO do 31 e á FOLGA do 2 de xuño!

ERE—BBVA · Período de consultas

Non ao ERE no BBVA

Sempre dixemos que apostamos pola unidade de acción e, nese senso, o apoio masivo a FOLGA do 26 de maio debe estenderse e debemos manter a presión, polo que a CIG secundará o paro do 31 de maio e a o 2 de xuño, e chamamos a todo o persoal a participar masivamente nesas mobilizacións.

O conflito non rematará aí, hoxe o BBVA debe saber que se despois do 3 de xuño hai , seguirá o conflito. Por iso facemos un chamamento ao cadro de persoal a manter a unidade, e non aceptar un só despedimento, hai alternativas.

A nivel galego, incluso no escenario actual que non aceptamos, a saída con prexubilacións das persoas maiores de 60 anos cubriría o suposto excedente de 101 persoas e tería un menor custe económico que o despedimento das persoas de 40—50.

26 de maio de 2021

Folga 26 maio no BBVA

CGT-SEC-CIG-ELA-SCAT-LAB

As organizacións sindicais enriba asinantes, co apoio das compañeiras e compañeiros participantes na Folga manifestámoslle á empresa o noso contundente rexeite e unánime ao reaxuste que pretende levar a cabo o BBVA. Respondemos coa folga a nivel estatal de hoxe, 26 de maio, convocada por CGT BBVA, unida ás folgas en Catalunya, Galiza e Euskal Herria convocadas por SEC, CIG, ELA, SCAT e LAB.

Seguimos a ler na prensa que 3.798 familias irémonos as nosas casas prexubiladas, dentro dunha campaña orquestrada que busca que este drama de 3.798 DESPEDIMENTOS —ou a cifra dos mesmos que quede despois de, como intenta o BBVA, eliminar as restricións á mobilidade xeográfica e modificando as condicións dos nosos contratos— non teña visibilidade social. ABONDA XA!