ERE—BBVA · Período de consultas
Sempre dixemos que apostamos pola unidade de acción e, nese senso, o apoio masivo a FOLGA do 26 de maio debe estenderse e debemos manter a presión, polo que a CIG secundará o paro do 31 de maio e a folga o 2 de xuño, e chamamos a todo o persoal a participar masivamente nesas mobilizacións.
O conflito non rematará aí, hoxe o BBVA debe saber que se despois do 3 de xuño hai despedimentos, seguirá o conflito. Por iso facemos un chamamento ao cadro de persoal a manter a unidade, e non aceptar un só despedimento, hai alternativas.
A nivel galego, incluso no escenario actual que non aceptamos, a saída con prexubilacións das persoas maiores de 60 anos cubriría o suposto excedente de 101 persoas e tería un menor custe económico que o despedimento das persoas de 40—50.
Así que se o BBVA non acepta prexubilar só busca facer dano, crear un marco de terror laboral, que traballemos para conseguir os máximos obxectivos sempre coa espada de Damocles sobre as nosas cabezas.
A Dirección rachou a paz social, mal asesorada por un Despacho e unha Consultora que cobrarán os seus honorarios e marcharan. Un erro imperdoable por parte do banco, non se pode construír un proxecto de futuro e sostible contra o cadro de persoal. Pero a Dirección non escoita e na reunión de hoxe non houbo grandes cambios.
CSE: O tempo mínimo no departamento sería 2 anos. Manteñen as 498 persoas, polo que non fai falta superar o tope do 25 %.
Mobilidade xeográfica: Seguen sen dicir a canta xente queren mover, e propoñen un escalado de compensacións:
25 a 100 km. …… 250 euros∕mes durante 3 anos
100—250 km. …… 350 euros∕mes 4 anos
> 250 km. …… 450 euros∕mes 5 anos + 1.500 €
Criterios exclusión ERE: Discapacidade superior 33 %; fillos/as discapacidade ⇒ 33 % por coidado menores con cancro ou enfermidade grave; vítimas violencia xénero; matrimonio ou parella de feito que traballen no banco, só poderán despedir a unha das persoas; persoas en excedencia de calquera tipo ou suspensión contrato traballo.
Non retiran os despedimentos.
Sigamos demostrándolle o noso rexeite na rúa.
NON AO ERE NO BBVA!!!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario