

As organizacións sindicais enriba asinantes, co apoio das compañeiras e compañeiros participantes na Folga manifestámoslle á empresa o noso contundente rexeite e unánime ao reaxuste que pretende levar a cabo o BBVA. Respondemos coa folga a nivel estatal de hoxe, 26 de maio, convocada por CGT BBVA, unida ás folgas en Catalunya, Galiza e Euskal Herria convocadas por
Seguimos a ler na prensa que 3.798 familias irémonos as nosas casas prexubiladas, dentro dunha campaña orquestrada que busca que este drama de 3.798 DESPEDIMENTOS —ou a cifra dos mesmos que quede despois de, como intenta o BBVA, eliminar as restricións á mobilidade xeográfica e modificando as condicións dos nosos contratos— non teña visibilidade social. ABONDA XA!
Os argumentos esgrimidos para este DESPEDIMENTO COLECTIVO teñen sido amplamente rebatidos nas distintas reunións:
- Como pode unha entidade que gañou 1.200 millóns de euros no primeiro trimestre de 2021 dicir que elimina persoal porque gaña menos diñeiro?
- Como pode unha entidade que fai un ERE subir un 200 % a remuneración dos seus directivos?
- Como pode BBVA repartir dividendos se fai un ERE?
Hoxe, 26 de maio, pechamos moitas oficinas do BBVA. ÉXITO DE SEGUIMENTO EN MOITOS TERRITORIOS, CON % PRETO DO 100 %. O cadro de persoal entendeu que secundar a folga non significa perder un día de salario, significa sacrificar un día de salario mellor que sacrificar o soldo do resto da túa vida. Secundar a folga significa sinalarse, pero non diante da empresa, senón diante das nosas compañeiras e compañeiros para conseguir frear unha traxedia laboral.
GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORÁSTES CON NÓS PARA INTENTAR EVITAR ESTA TRAXEDIA.
Isto non remata hoxe, SE O ERE SE ASINA, A PARTIR DO 6 DE XUÑO COMEZA O VERDADEIRO DRAMA: A COMUNICACIÓN DOS DESPEDIMENTOS.
SEGUIMOS LOITANDO!
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario