
ERE—BBVA · Período de consultas
Os paros, apoiados polo conxunto da representación sindical, foron un éxito, o mesmo que a convocatoria de folga de Catalunya, o que anticipa o éxito da folga de mañá. O banco continúa sen moverse, polo que é preciso intensificar o conflito, máximo cando hai alternativa.
A reunión de hoxe non deparou sorpresas, o banco propuxo ampliar en 26 as persoas a recolocar nos CSE. O novo CSE da Coruña tería 21 persoas, é dicir a nivel galego quedarían sen recolocar 101 persoas.
Pola súa parte houbo sindicatos que, tirando ao lixo o éxito das mobilizacións feitas, valoraron esa «redución» do ERE en 26 persoas como positiva, e de paso aceptaron os criterios de selección das persoas a despedir.
Nós mantivemos a nosa petición de información e a aposta por un proceso de prexubilacións.
Despois o banco fixo unha nova oferta económica, aclarando que só aceptaría un máximo do 50 % de saídas das persoas maiores de 50 anos.
Non hai saída individual, a nosa forza é o colectivo!
O 26 DE MAIO
PARAREMOS O BBVA
➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!
Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto
https://i.gal/Afiliate
[.pdf • 182 kB]Folla
https://i.gal/AfiliateCIG
[.pdf • 1'09 MB]
Ningún comentario:
Publicar un comentario